jueves, 31 de mayo de 2018

Festival de Cans

O 25 de maio de 2018 fomos ao festival de Cans. Encontro no Ghalpón do Moncho con directores  de cinema: Fernando Trueba. Borja director de ocho apellidos vascos. Con Morris actor e Ignacio Vilar. Director de filmes como Pradolongo e Vilamor... Roteiro literario co escritor Carlos Meixide. Autor do novela Cans. Acompañounos no percorrido a escritora Berta Dávila. Comida na área recreativa da vila e despois algo de regueifa no Chimpibús. Todo un símbolo do festival. Unha acollida marabillosa por parte da organización do festival. Destacar o agarimo de Afonso Pato director e Keka Losada moza que facilitou a nosa asistencia a este senlleiro evento.

martes, 29 de mayo de 2018

A música na nosa vida

O pasado luns dia 28 de maio, contamos coa presencia nas intalacións do ciclo de atención a persoas en situación de dependencia, co avó de Olalla alumna do ciclo. O señor Julio veunos falar da importancia da música na súa vida e de como os seus 80 anos foi quen de publicar un disco con aquelo que lle alimenta a alma: a gaita tradicional tocada o pechado.
Moitísimas gracias por compartir con nós tanta sabiduría.

miércoles, 23 de mayo de 2018

Safari Pontevea-Xirimbao

Onte o alumnado do Club de Lectura do IES Marco do Camballón e do CPI de Vedra realizron un Safari dende a Burga de Xermade ata a Ponte do Xirimbao. O alumnado estaba distribuído en oito grupo. A cada equipa deuselle un folio onde tiñan que facer varias fotografía e a cada fotografía definila cunha palabra.
Unha vez que percorremos o traxecto dende a Burga ata o ponte, alí estábanos esperando Padín, que é un dos gardas do río Ulla que non falou do salmón e dos mexillóns do Ulla.

lunes, 21 de mayo de 2018

Aventura no País Vasco

Entre os días 16 e 19 de maio fomos de aventura ao País Vasco, a penúltima actividade da Regueifesta deste curso 2017-2018. Chamámoslle Regueibertso porque esta experiencia é un intercambio entre a Regueifa da Galiza e o bertsolarismo de Euskal Herria. Facemos improvisación oral en verso e aprendemos pasándoo ben.

De Galicia fomos alumnado do Camballón e dos institutos de Baio e Burela. E alá tivemos unha programación moi, moi completa. O primeiro día, o Día das Letras, celebrámolo cun acto no IES de Arratia, cunha comida comunal con marmitako, -riquísimo!- e logo á tarde cun festival da improvisación nun Auditório de Igorre cheo até a bandeira onde improvisamos con dúas das persoas que mellor improvisan no planeta: Maialen Lujanbio, -actual campiona do mundo de bertsolarismo- e Sustrai Colina. 

Ali tamén cantamos e deixamos ben alto a nosa Vila de Cruces. 

O día seguinte perdémomos no monte, nunha actividade de orientación moi divertida, que compartimos facendo grupos co alumnado basco. Á tarde fomos coñecer Otxandio, unha fermosa vila euskaldún. E o sábado, 19 fomos protagonistas dun Bertso-Saio (acto de repentismo) especial Regueifa, onde o público puido coñecer a nosa forma de cantar con diferentes melodías.

O máis importante desta aventura foi a amizade co alumnado de Baio e Burela. Non só formamos un grupo tradicional novo -que chamamos "20 en vascos"- senón que tamén encaixamos de marabilla durante toda a excursión e xa nos tarda vernos de novo. 

O Proxecto Regueifesta continúa adiante con máis forza. E despois deste 3º Regueibertso esperamos impacientemente o vindeiro curso e as próximas aventuras na terra euskaldún. 

Viva a improvisación oral en verso!

miércoles, 16 de mayo de 2018

Día das letras galegas

Este ano as letras galegas están adicadas a María Victoria Moreno que nos transmitiu o valor da nosa lingua como ferramenta de expresión, ilusión e ledicia. Fixemos visible algunhas das súas obras na entrada da Biblioteca e acompañánolas de outras recomendacións.


MarumaSat III


Despois de case unha semana de búsqueda, a cápsula MarumaSat III aparaceu nas inmediacións da localidade coruñesa de Negreira. Foi atopada por un alumno do IES Maruxa Mallo na tarde do sábado 12 de maio grazas a un dispositivo de seguemento empregado en cetrería que seguía a emitir sinal. 
Tras abrir a cápsula puidemos comprobar que todo estaba en perfecto estado, que os sensores rexistraron un enorme volume de datos e a cámara gravou imaxes espectaculares da estratosfera. 
Nas seguintes semanas completaremos o estudo asociado aos experimentos científicos e editaremos o vídeo oficial da viaxe da MarumaSat III.




lunes, 14 de mayo de 2018

Unha de morcegos!!


O venres 11 de maio visitounos a bióloga Tamara Casal, membro da asociación Morcegos de Galicia,  que leva a cabo accións de investigación, divulgación e conservación de morcegos dentro do proxecto “Morcegos de Galicia”.
Tamara deunos unha charla á que asistiu alumnado de 1º, 3º e 4º de ESO. Nela falounos dos distintos tipos de morcegos, dos seus hábitats, da súa alimentación, do número de especies (en Galicia viven 23 especies diferentes!) e dos mitos falsos que circulan acerca deles e que fan que moita xente os vexa con malos ollos. Tamén nos falou da ecolocalización e mostrounos algúns dos utensilios de que botan man os investigadores cando fan o seu traballo de campo.
O contido da charla completouse coa exposición duns paneis informativos que nos facilitou a asociación.
Aquí vos deixamos unha ligazón á páxina da asociación onde podedes atopar máis información,
                                   http://www.morcegosdegalicia.org
e unha suxestión de lectura: o libro de relatos sobre morcegos El dilema de Spallanzani, escrito por Roberto X. Hermida, membro destacado da asociación, biólogo e lector empedernido que falando da súa infancia nos ofrece unha fórmula infalible para pasar a nenez máis divertida posible e poñer os alicerces para unha idade adulta plena: que a infancia transcorra lendo e xogando na natureza.

martes, 8 de mayo de 2018

Proxecto Nosa

Onte, 7 de maio, lanzamos nas instalacións do IES Maruxa Mallo (Ordes) a cápsula estratosférica MarumaSat III, con varios experimentos científicos a bordo. A cápsula incluía sensores de ozono e radiación ultravioleta, sensores atmosféricos, unha placa solar en probas, unha incubadora para un ovo de abella obreira, unha cámara de vídeo e varios dispositivos de localización.
O lanzamento tivo lugar ás 12 h pero, fatalmente, deixamos de recibir información da súa posición cando a cápsula voaba a un 137000 m de altitude. Con todo, puidemos seguir o seu traxecto ata a Serra de Outes, onde estimamos que puido tocar terra.
Nestes momentos descoñecemos o seu emprazamento pero estamos facendo un chamamento a todas as persoas que a poidan ver para que avisen a algún dos tres centros participantes.

lunes, 7 de mayo de 2018

Regueifesta

O pasado 2 de maio tivo lugar no Auditorio de Galicia un Encontro entre cerca de mil alumnas e alumnos de Galicia, no que tamén participaron  alumnado dun centro de Igorre (Bertsolaris) e un centro de Cataluña (glosadors). Algúsns destes alumnos teñen como materia RIOV e outros participan de obradoiros de improvisación oral impartidos por Alba María, Josiño da Teixeira, Sara Marchena e Lupe Blanco.Deuse mostra da regueifa, verso, glosas, de bombas de Pobra de Trives e tamén das Xeneraliñas do Ulla.
Neste acto tamén se entregaron os premios do certame de vídeo de Enregueifate.
Despois deste encontro, o 3 de maio, alumnado vasco e catalán foron a Baio ao IES Maximino Romero e o 4 viñeron a Vila de Cruces, IES Marco do Camballón onde se fixo unha actividade de arqueoloxía nas Mámoas de Oirós, dirixida por Victor García, e tamén se aproveitou o lugar para facer xogos de lingua (catalán, galego e vasco) e finalizouse cunha comida de confraternización no Camballón.