A actividade desenvolveuse con alumnos e alumnas de 3º ESO e 1º Bachareladto. Iniciouse con un percorrido pola zona vella de Santiago. Visitaron a Catedral e a Igrexa de San Pelaio así como a Praza da Quintana e a de Praterías.
No teatro principal asistimos á representación de dúas obras de Cervantes: La gitanilla e La ilustre fregona
martes, 27 de febrero de 2018
viernes, 16 de febrero de 2018
Día dos namorados
O alumnado de FPBásica organizou para celebrar o día dos namorados un reparto de flores e de mensaxe, había que elaborar unha nota ou encargar as flores e dicir quen era o destinatario/a a que se lle quería enviar.
Chef 1ºB
O alumnado de 1º B convidou este venres a degustar unhas tostas de Guacamole, que despois se fixo extensivo a todo os membros do centro que o quixera probar. Coordinados pola súa titora, Susana Porral, escolleron, explicaron e elaboraron o prato mentres que os seus compañeiros e compañeiras de 1º A ollaban como se ía realizando a receita. Grazas por esta fabulosa receita!!
viernes, 9 de febrero de 2018
Sesión TEI
O alumnado de 1º e 3º ESO comparteu unha sesión de traballo conxunto entre titores e titorando.
jueves, 8 de febrero de 2018
Concurso Odisea
Un ano mais o noso alumnado participa no concurso Odisea, que este ano versa sobre a "Morte en Grecia e Roma".
miércoles, 7 de febrero de 2018
Nutrición saudable
Vanessa Taboada Santín falounos da "OBESIDADE" (que é un estado do
organismo caracterizado por un grande incremento do peso corporal debido
á acumulaciòn excesiva de graxa. Aínda que ata hai moi pouco isto era
considerado únicamente como un problema estético,agora podemos dicir que
é unha enfermidade crònica que supòn un grande problema de saúde
pública en todo o mundo desenvolvido).Estamos ante unha epidemia en
expansiòn.
Hai que inculcar costumes alimenticios saudables. É importante levar unha dieta correcta, practicar exercicio físico e rebaixar as horas de vida sedentaria empregando ben o ordenador ou a televisión.
Hai que inculcar costumes alimenticios saudables. É importante levar unha dieta correcta, practicar exercicio físico e rebaixar as horas de vida sedentaria empregando ben o ordenador ou a televisión.
Couching para adquirir habilidades sociais
Dentro do programa Titoría entre iguais, no seu segundo ano de andaina, realizouse un taller de couching para despertar no alumnado a necesidade de adquirir as habilidades sociais como método para adquirir as ferramentas precisas para evitar, entre outras cousas, o acoso escolar.
II Encontro de entroido
Esta é unha mostra do que pasou o o xoves 1 no autoditori Xosé Casal de Vila de Cruces onde se deron cita:
- CEIP Ramón de Valenzuela
- CEIP Cerdeiriñas
- CEIP de Merza
- CEIP Nosa Señora da Piedade
- IES Marco do Camballón
- CEIP Ramón de Valenzuela
- CEIP Cerdeiriñas
- CEIP de Merza
- CEIP Nosa Señora da Piedade
- IES Marco do Camballón
martes, 6 de febrero de 2018
Por un ano saudable
Mañá visítanos Vanessa Taboada Santín, dietista, especialista en:
Nutriciòn clínica e dietética hospitalaria,en Trastornos de conducta
alimentaria e obesidade e en Educaciòn para saúde en
alimentación e nutrición.
A ponencia centrarase na obesidade e como as dietas de mozos e mozas adoita ser pouco variada e con exceso
de azucre e graxas saturadas.
Todos os estudos están a
dicir que,como norma xeral, os nenos obesos van desenvolver obesidade de
adultos.
Por isto o máis importante que poden facer os pais para aseguraren a futura saúde dos seus fillos e fillas é a de lles inculcar costumes alimenticios saudables.É importante levar unha dieta correcta, practicar exercicio físico e rebaixar as horas de vida sedentaria empregando ben o ordenador ou a atelevisión.
A ponencia terá lugar da Biblioteca do Marco do Camballón e pode asistir toda a comunidade educativa a partir da 15.45.
Por isto o máis importante que poden facer os pais para aseguraren a futura saúde dos seus fillos e fillas é a de lles inculcar costumes alimenticios saudables.É importante levar unha dieta correcta, practicar exercicio físico e rebaixar as horas de vida sedentaria empregando ben o ordenador ou a atelevisión.
A ponencia terá lugar da Biblioteca do Marco do Camballón e pode asistir toda a comunidade educativa a partir da 15.45.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)