martes, 30 de mayo de 2017

EDAR

O alumnado de 1º ESO visitou hoxe as instalacións da depuradora de Vila de Cruces. Explicáronnos como funcionaba, os procesos que seguía en cada fase da depuración ata que a auga se pasaba ao regaro que pasa pola zona.


Proxecto NOSA, lanzamento

Despois de dous intentos para o lanzamentos hoxe tivo lugar o lanzamento da cápsula que forma parte do proxecto educativo dos centros de secundaria Maruja Mallo, Miraflores e Marco do Camballón. Dentro ía semillas de plantas, saliva dunha alumna e unha lombriz. O globo lanzouse de Ordes ás 12 e caeu en Puxallos (Lalín) ás 15:40.


2017-05-30 NOSA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

lunes, 29 de mayo de 2017

Encontro intercentros do Club de lectura

O alumnado participante no club de lectura do Camballón  e do CPI Vedra, reuníronse no veciño Concello de Boqueixón para compartir unha andaina que percorría a ruta do Río Grande e a dos Pescadores. Partimos dende Codeso, pasando por Donas, Santa Maríña e rematamos na Ponte Ledesma. Compartimos a nosas experiencias no Club de Lectura e fixemos xogos.

sábado, 27 de mayo de 2017

Graduación 2º Bacharelato

Hoxe o alumnado de 2º Bacharelato tivo o acto de graduación no Auditorio Xosé Casal. Despois de estar 6 anos no centro hoxe poñen un punto e seguido a súa formación académica. Parabéns!!


viernes, 26 de mayo de 2017

Proxecto ADA. Iniciación á tecnoloxía en igualdade

Hoxe estivo no centro Mónica,  cun taller de formación en TIC no ámbito educativo, para promover o interese das nenas e xóvenes nas ramas tecnolóxicas de estudo. Proxecto do Instituto da Muller e para a igualdade de Oportunidades, do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.
A vida de Ada Byron serve  de fío conductor para potenciar un acercamento creativo á tecnoloxía, potenciando o autoaprendizaxe e a curiosidade.




2017-05-26 ADA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker>

En tempo de sol, descubre a Casares

Se aínda nos lestes nada de Carlos Casares e non sabedes por onde comezar, Noelia García, Laura Blanco e Andrea Rivadulla, alumnas de 1º de bacharelato, fanvos unha suxestión...

jueves, 25 de mayo de 2017

Cans


O alumnado do instituto estivo facendo un roteiro literario por Cans da man de Carlos Meixide, nome dun dos seus libros, que está ambientado nesta contorna.

martes, 23 de mayo de 2017

Ultreia

Onte visitouno Alberto, membro da asociación Ultreia Santiago, a que lles falou ao alumnado de 3º e 4º de ESO sobre a identidade de xénero e aclarou dúbidas respecto a este tema.


jueves, 18 de mayo de 2017

Sesión avaliación TEI

Na xornada de hoxe tivo lugar unha nova xornada de TEI para facer unha avaliación conxunta entre o alumnado de 1º e 3ºESO sobre a Titoría entre iguais. Estivemos facendo varias actividades e aqui podedes ver unha mostra dalgunha delas.

sábado, 13 de mayo de 2017

Regueifesta

Onte tivo lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, o II Encontro Regueifesta. É un Proxecto educativo inovador que está a impulsar a improvisación oral en verso no ámbito educativo. O proxecto está impulsado polos instituto de Baio e Cruces. Neste encontro participaron 20 centros e un total de mil alumnos e alumnas de todo Galicia así como do IES Arratia do País Vasco.

viernes, 12 de mayo de 2017

Igualdade de Xénero

 A Asociación sociocultural Dinamo impartíu no noso centro un  taller sobre a Igualdade de xénero. Alternábanse sesións  sobre o coñecemento do tema, prexuízos, esteriotipos de xénero ... co distintas dinámicas.


Carlos Casares

En homenaxe a Carlos Casares sacamos ao corredor as súas obras.


martes, 9 de mayo de 2017

Casares tamén dende o móbil



O Departamento de Lingua galega e literatura do noso centro acaba de publicar un xogo sobre Carlos Casares, o autor ao que se lle dedica o Día das Letras deste ano. Foi elaborado a partir de preguntas do alumnado de 1º de bacharelato, que tamén colaborou na parte gráfica.
Para xogar utilízase a aplicación kahoot e precísase un móbil, unha tableta ou un ordenador con conexión á rede e alguén con que xogar; aínda que tamén pode xogar unha persoa soa se dispón dun ordenador e dun móbil ou tableta, por exemplo.  O xogo ten dúas partes de 13 preguntas cada unha e pódese acceder directamente a elas desde as seguintes ligazóns:  Carlos Casares (1) e Carlos Casares (2)
Xa podedes comezar a aprender sobre este autor e/ou ampliar o que sabedes sobre el. E non esquezades que na biblioteca temos un amplo surtido da súa obra!