jueves, 27 de abril de 2017

Programa Cores

Onte un grupo de 40 alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BAC realizaron unha actividade en Santiago na ESCOLA GALEGA DE CONSUMO dentro do Programa CORES. É un programa permanente a través do que se ofertan obradoiros e charlas participativas ao longo de todo o ano. Con esta actividade o departamento de Economía do Centro pretende achegar a educación en materia de consumo responsable adaptándose ás necesidades dos rapaces. Fixéronse tres grupo e tres obradoiros consistentes en:

Linguaxe publicitaria

  • A linguaxe publicitaria busca persuadir ou incitar ás persoas consumidoras para que merquen determinados produtos ou servizos. Para acadar este obxectivo emprega distintos medios e estratexias.
  • Nesta actividade tratouse de coñecer os principais elementos da publicidade (cor, slogan, música, personaxes e liñas) e como poden influír nas decisións das persoas consumidoras. Explícaronse os pasos a seguir para a realización dunha campaña publicitaria.

Resolución de conflitos de consumo

  • Explícouse de xeito fácil e comprensible cómo proceder para presentar unha reclamación en materia de consumo e deronse a coñecer os pasos a seguir antes, durante e despois de presentar unha reclamación.
  • Realízouse unha aproximación ao funcionamento dos servizos do Instituto Galego de Consumo e as súas vías de resolución de conflitos.

Consumo na rede

  • Internet ofrece moitas vantaxes, pero tamén implica riscos, sobre todo se non se fai un uso responsable e seguro do consumo na rede.
  • Explícouse como realizar un uso e un consumo responsable das novas tecnoloxías, ao mesmo tempo que se reflexionou sobre a cantidade de tempo que se lle dedica á navegar pola rede a través dos distintos dispositivos electrónicos (smartphones, tablets, portátiles...).
  • Analizáronse as vantaxes e os potenciais riscos no uso de Internet e doutros conceptos vinculados ao uso das TIC (sexting, cyberbulling, grooming, emprego abusivo, ...).





No hay comentarios:

Publicar un comentario