viernes, 28 de abril de 2017

Nosa prepara o seu novo lanzamento ao espazo


O alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato forma parte desde este curso do proxecto de creación da Axencia Escolar Espacial Galega, NOSA, xunto co do IES Maruxa Mallo de Ordes e mais o do IES Miraflores de Oleiros. Esta iniciativa do departamento de Matemáticas concretarase nun lanzamento dunha cápsula á estratosfera ( que contén unha sonda cunha cámara, un GPS e instrumentos de medición de fenómenos atmosféricos) o próximo venres, 5 de maio, co obxectivo de recadar datos científicos e de filmar imaxes do espazo. Pódese consultar máis información en:  Galicia confidencial, Praza pública, RTVG,Sermos Galiza.

jueves, 27 de abril de 2017

Programa Cores

Onte un grupo de 40 alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BAC realizaron unha actividade en Santiago na ESCOLA GALEGA DE CONSUMO dentro do Programa CORES. É un programa permanente a través do que se ofertan obradoiros e charlas participativas ao longo de todo o ano. Con esta actividade o departamento de Economía do Centro pretende achegar a educación en materia de consumo responsable adaptándose ás necesidades dos rapaces. Fixéronse tres grupo e tres obradoiros consistentes en:

Linguaxe publicitaria

  • A linguaxe publicitaria busca persuadir ou incitar ás persoas consumidoras para que merquen determinados produtos ou servizos. Para acadar este obxectivo emprega distintos medios e estratexias.
  • Nesta actividade tratouse de coñecer os principais elementos da publicidade (cor, slogan, música, personaxes e liñas) e como poden influír nas decisións das persoas consumidoras. Explícaronse os pasos a seguir para a realización dunha campaña publicitaria.

Resolución de conflitos de consumo

  • Explícouse de xeito fácil e comprensible cómo proceder para presentar unha reclamación en materia de consumo e deronse a coñecer os pasos a seguir antes, durante e despois de presentar unha reclamación.
  • Realízouse unha aproximación ao funcionamento dos servizos do Instituto Galego de Consumo e as súas vías de resolución de conflitos.

Consumo na rede

  • Internet ofrece moitas vantaxes, pero tamén implica riscos, sobre todo se non se fai un uso responsable e seguro do consumo na rede.
  • Explícouse como realizar un uso e un consumo responsable das novas tecnoloxías, ao mesmo tempo que se reflexionou sobre a cantidade de tempo que se lle dedica á navegar pola rede a través dos distintos dispositivos electrónicos (smartphones, tablets, portátiles...).
  • Analizáronse as vantaxes e os potenciais riscos no uso de Internet e doutros conceptos vinculados ao uso das TIC (sexting, cyberbulling, grooming, emprego abusivo, ...).





lunes, 24 de abril de 2017

Apadriñamento lector

Este ano o alumnado de 1º de Bacharelato ofreceuse voluntario para facer un apadriñamento lector co alumnado de 1º de ESO. Escolleron traballar co libroThe pied Piper of Hamelin. Primeiro fixeron unha lectura do libro entre todo o grupo e logo estiveron falando co alumnado en inglés sobre algúns aspectos do libro.

viernes, 21 de abril de 2017

Clipmetraxes

O alumnado do Camballón acadou o terceiro premio na categoría de Mellor Clipmetraxe Autonómico co vídeo Nuestro Mundo. Participaron o alunmado de 4º ESO e 1º de Bacharelato no concurso organizado por Manos Unidas co obxectivo de sensibilizar e concienciar sobre como a nosa maneira de alimentarnos provoca fame e acaba cos recursos.  Nesta oitava edición, celebrada en Santiago, Sonia e Marta foron as encargadas de recoller o diploma e un lote de libros.




Día Mundial do Libro

Para conmemorar o Día Mundial do Libro e contando coa colaboración da Librería O Colexío, unha das librería do Concello, durante a vindeira semana temos expostos libros e películas que se poden suxerir para mercar na Biblioteca ou  adquirilos na propia tenda.
A idea é acercar a cultura ao noso centro educa


2017-04-23 Día do libro - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


Dende as titorías estivemos traballando o conto,  tema elexido este ano  para traballar dende a Biblio. Contamos co traballo de diseño e creación dous candís que foron iluminando das historias que comezaba na biblioteca e foi pasando por cada unha das titorías. A esta actividade chamámoslle Candileamos! e este foi o resultado.

jueves, 20 de abril de 2017

Xuntanza TEI

Hoxe na Manuel Dobarro tivo lugar unha nova xuntanza TEI entre o alumnado de 1º e 3º ESO. Realizáronse actividades cos titores e titorizados para promover a cohesión e profundizar no coñecemento do compañeiro/a.


viernes, 7 de abril de 2017

Convivencia TEI

O mércores e xoves tivo lugar na contorna do noso centro unha saída para fomentar a Convivencia entre os titores e titorizados do Programa TEI que se puxo en marcha este curso. Participaron dun taller dirixido por Cristina e Agustín onde tiveron nocións de como coidar os nosos montes, puideron comprobar cal é a idade das árbores, visitaron unha reserva de Sobreiras e fixeron unha valoración no monte Redondo.


jueves, 6 de abril de 2017

Visita a Londres

O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato estiveron de excursión en Londres dende o 24 ata o 30 de marzo  e quen mellor ca eles para contarnos o que fixeron nos seis día de viaxe. Aquí deixamos os vídeos que fixeron de cada unha das xornadas.

 










 


Concurso de fotografía: decisión do xurado

Reunido o xurado do concurso de fotografía Ven ver isto, mostra a túa contorna, organizado polo concello de Vila de Cruces e o IES Marco do Camballón, decidiu premiar, nesta primeira edición, os traballos de:
  1. Marta González Castro
  2. Uxía Amosa Martínez
  3. María Iglesias Iglesias
Acta do xurado.pdf DESCARGAR
Parabéns para as tres!!!! e ánimo para os demais...a participar para a próxima edición!!!
Os premios serán entregados no IES despois de Semana Santa.

Se queres ver a noticia publicada no faro de Vigo, preme sobre o nome do xornal.