viernes, 31 de marzo de 2017

Mulleres importantes

 


Adicamos todo o mes de marzo a traballar a muller, para iso contamos cos distintos departamentos que estiveron traballando mulleres importantes para a súa disciplina. 
O que se pretendía é  que o alumnado sexa consciente de que en todas as disciplinas hai mulleres que destacaron independentemente da época que lle tocou vivir. 
Con todos os traballos elaborouse  un dossier que se pode consultar na bibliteca do centro.



jueves, 30 de marzo de 2017

Obradoiro de toponimia

O encargado de realizar o obradoiro de Toponimia é Vicente Feijóo, filólogo e especialista en Toponimia. Leva 17 anos traballando en toponimia, foi coordinadores do Proxecto Toponimia de Galicia da Xunta de Galicia durante 11 anos, e agora é o responsable de toponimia no Seminario de Onomástica da RAG.
O obxectivo de Vicente Feijoo Ares con esta actividade é achegar  ao coñecemento da nosa contorna, da historia dos nosos antepasados, da literatura popular e da lingua a través do estudo dos topónimos do noso concello. E todo iso, traballado a través das novas tecnoloxías.
Aprenderon a usar a web de consulta do Nomenclátor de Galicia, o “buscador de topónimos”, e como facer blogs, xogos, relatos, curtametraxes... coa microtoponimia e coas lendas de mouros, mouras, serpes xigantescas, tesouros... que recollan dos seus avós e veciños. 

miércoles, 29 de marzo de 2017

Voz Natura

O alumnado de 1º ESO coa colaboración de Aurita,  Xosé Díaz e Fernando estiveron plantando tanto non interior como no exterior do centro diversas plantas e árbores ornamentais.


2017-03-29 Voz Natura - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


O alumnado de 1º ESO estivo facendo unha rolda de recoñecemento da contorna do centro e isto foi o que atopou.

miércoles, 22 de marzo de 2017

Tales no Camballóns Films

 

Novos vídeos para "Tales no Camballón Films"

 

XOGANDO AO NIM
O NIM é un xogo clásico que ten sido obxecto de múltiples análises desde as matemáticas. Del existen moitas variantes e no vídeo explícanse as estratexias a seguir para gañar en cada caso.
Autoría: Almudena Moreiro, Lucía Puga, Elena Calviño, Aleixandra Torres, Alba Guzmán (1º ESO)

CADRADOS MÁXICOS DE ORDE MÚLTIPLO DE 4
Neste vídeo coñeceremos polo miúdo a historia dos cadrados máxicos e, en concreto, a daqueles de orde múltiplo de 4. Existen procedementos para construílos, intercambiando unha serie de cifras por outras, e que se explican aquí.
Autoría: Xiana Silva, Nuria Torres, Lidia Sanmartín, Íker Álvarez, Brais Vilar (1º ESO)

O PARADOXO DO CUMPREANOS
Cantas persoas debemos reunir para termos unha probabilidade superior ao 50% de que cando menos dúas delas cumpran anos o mesmo día? Seguro que pensas que é un número moito máis maior do que en realidade é. Neste vídeo vemos unha primeira aproximación ás ideas que empregarán nos cálculos, que botan un resultado inesperado.
Autoría: Diego Guerra, Alberto Alonso, Denís Carballal, David Gómez (1º BAC)

GRANDES SUMAS
Podemos sorprender á xente ao realizar enormes sumas de números en apenas uns segundos. No vídeo explícase un efecto usado moi adoito na maxia que simplifica a maneira de sumar con tal de saber en que consiste a propiedade asociativa e algunha cousa máis que se revela no interior.
Autoría: Breogán López, Nicolás Verde, Joel Miguélez, Santiado Méndez, Yassine Fouzi (1º ESO)

A LATITUDE E A POSICIÓN DO SOL
Facilmente podemos construír un astrolabio caseiro co noso teléfono móbil cunha app de inclinómetro e unhas poucos cousas máis que todas/os temos na casa. Neste vídeo explicaremos como empregar o noso astrolabio para determinar a latitude da nosa posición xeográfica a través do Sol.

Un traballo para NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega.

Autoría: Julieta Penas, Sergio Areán, Rubén Salvado e Alberto Mejuto (1º BAC).

ERATÓSTENES E O CÁLCULO DO RADIO TERRESTRE
É ben sabido que Eratóstenes de Cirene (matemático, astrónomo e xeógrafo que viviu no s. III a.c.) foi quen calculou por vez primeira o radio terrestre. Neste vídeo explícase de maneira sinxela como o fixo, ademais que coñecermos outras das súas contribucións ás matemáticas.

Un traballo para NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega.

Autoría: Xaime Cea, Diego Alonso e Álex Varela (1º BAC)

O AZAR E O NÚMERO PI
Podemos obter o número PI de maneiras moi diferentes. Por extraño que pareza, unha delas é por medio azar. No vídeo realízase un experimento de base aleatoria (tipo Montecarlo) distribuíndo uniformemente grans de quinoa sobre senllos taboleiros, a través dos cales damos aproximacións aleatorias ao número PI. Inclúese o argumento matemático de por que ocorre isto, que sorprende pola súa sinxeleza.
Autoría: María Rey, Mirian Abeledo e Marta Blanco (1º BAC).

ARQUÍMEDES E O MÉTODO DE EXHAUCIÓN
Neste traballo coñeceremos algúns dos descubrimentos máis importantes de Arquímedes de Siracusa (287 a.c. - 212 a.c.), matemático, astrónomo e físico da Grecia clásica. 
Unha das súas achegas máis destacadas é o método de exhaución, que permite boas aproximacións ao número pi manexando principios básicos da xeometría.
Traballo realizado por Noelia García, Laura Blanco e Andrea Rivadulla (1º BAC).

lunes, 20 de marzo de 2017

Recital poesía

O alumnado de 1º ESO realizou un festival  de poesía e que mellor recordo que  gravalos.

 Preme para escoitalos

sábado, 18 de marzo de 2017

Recollida do Premio Odisea e visita a Ourense



O xoves pasado (16-III-2017), fomos de viaxe a Ourense o alumnado de Relixión e de Latín de 3º e 4º de ESO e de 2º de BACH e o de 1º de TAPSD. Unha vez na cidade das Burgas, dividímonos en dous grupo e, o alumnado de Relixión e Latín fixemos a ruta As orixes de Ourense que parte do castro de Santomé, asentamento inicial da cidade, pasando pola ponte romana ate chegar ás Burgas onde contemplamos a reprodución da estela que Calpurnia, a primeira ourensá da que coñecemos o nome, dedicou ás ninfas da fonte. Ao longo de todo o traxecto gozamos dun ceo limpo e brillante, das explicacións claras e oportunas de Begoña, a nosa guía, e, no castro, da grata compañía do labrador Mallo, que fixo as delicias de boa parte do grupo. Despois fomos comer ao centro comercial Ponte Vella onde nos atopamos de novo co alumnado de TAPSD. Despois de comer e descansar un anaco, paseamos ata o Auditorio Municipal para asistirmos á representación da comedia de Plauto Pseudolus, adaptada e levada á escena polo grupo de teatro escolar Noite Bohemia. Pero iso non foi todo: antes de comezar a representación, o equipo "Os Espartanos"  (Isaac Datorre e Diego Asorey de 3º ESO) recolleu o Segundo Premio do Concurso Odisea 2017. Un día moi completo. O alumnado de TAPSD visitou o centro integral de atención Aixiña, onde puideron visitar os diferentes recursos sociais e asistenciais da entidade e o centro especial de emprego.



jueves, 16 de marzo de 2017

Orientación

O alumnado de 2º Bacharelato tiveron unha charla onde estiveron profesores das Universidades de Santiago e Vigo onde se informou das diversas titulacións e posibilidades da vida universitaria. Todo  isto complementouse coa información sobre as ABAU.


miércoles, 15 de marzo de 2017

Iniciativa emprendedora

O martes 14 de marzo ás 12:00 tivo lugar no IES Marco do Camballón unha charla organizada polo Departamento de FOL sobre a iniciativa emprendedora impartida por Enrique Gómez, técnico do IGAPE e José Antonio Quinteiro, emprendedor local para alumnas e alumnos dos ciclos formativos de Soldadura e Caldeirería e Atención a persoas en situación de dependencia, FP básica e Iniciación á actividade emprendedora e empresarial. O obxectivo era o de achegar a realidade emprendedora a eles contando as súas propias experiencias. Con esta actuación trátase de visualizar o emprendemento entre o alumnado como unha opción clara de empregabilidade, dando resposta a preguntas como: qué te levou a poñer  en marcha a túa empresa?, cal foi o aspecto decisivo que te impulsou? ¿Cal foi o aspecto decisivo que te impulsouComo conseguiches a financiación para o proxecto en marcha? Que aspectos desa posta en marcha cambiarías  si volveses a comezar? Como conseguiches o primeiro cliente? E o primeiro cobro? Tes traballabores na empresa? Que é o que máis valoras nun traballador?

domingo, 12 de marzo de 2017

Teatro en francés

THÉÂTRE FRANÇAIS
    Os alumnos asistiron ó Teatro Principal de Santiago de Compostela o 9 de marzo de 2017, para ver unha adaptación da obra “ Le Misanthrope” de Molière.
    A representación teatral contou coa participación de dous alumnos, Ramón e Xabier cos autores da compañía teatral “La Bohème”, no escenario.
    Completouse a actividade cunha visita pola zona monumental de Santiago de Compostela.
Actividade organizada polo departamento de francés.
Alumnos que participaron: 2º, 3º e 4º ESO.



miércoles, 8 de marzo de 2017

Día Internacional da muller


 Que non che tapen os ollos con este lema arranca a campaña do Camballón para concienciar sobre o valor da muller. Taparemos, coa axuda do departemento de Servicios á Comunidade, unha ventá do centro por cada muller que ao longo deste 2017 perdeu a vida por ser traballadora e muller.


Que non che tapen os ollos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Temos unha exposición de biografías de mulleres escritoras realizadas polo alumnado de Iniciación e tratamento da información de 1º ESO, xunto coa visibilización dalgunhas das súas obras.



 Durante este mes cada departamento do noso centro traballará nas aulas sobre mulleres relevantes na súa materia, o final de mes expoñeremos as mulleres relevantes en cada área.

viernes, 3 de marzo de 2017

Visita de César Cambeiro

Estivo no Instituto o actor César Cambeiro, actividade incluída dentro do Proxecto Dragal. Contou moitas historias e como non podía ser doutro xeito, antes de marchar, regueifou con nós.


jueves, 2 de marzo de 2017

Concurso fotográfico: Ven ver isto.

A Concellería de Educación de Vila de Cruces convoca un concurso fotográfico para o alumnado do Marco do Camballón. As fotos deben enviarse a bibliocruces@gmail.com antes do 31 de marzo.