viernes, 27 de enero de 2017

Tales do Camballón Films!!

No Marco do Camballón acabamos de inagurar unha canle en youtube da produtora matemático-audiovisual que vén de crear o departamento de Matemáticas do IES; chámase "Tales no Camballón Films", polo de agora consta de 8 traballos. A idea é incorporar novos traballos de maneira trimestral. Velaquí:


Os cadrados máxicos son un dos enredos matemáticos máis coñecidos. Abonda con saber que son cadrados nos que se distribúen números de maneira que as súas filas, columnas e diagonais principais.




 Explicación do principio do pombal, tamén coñecido como principio de Dirichlet, e algunhas das súas aplicacións.


 Este coñecido xogo pedra-papel-tesoira depara sorpresas máis alá do simple divertimento. Por exemplo, as súas regras serven como modelo matemático da reprodución e supervivencia dalgunhas especies animais. 


 

O xogo das coles de Bruxelas é un enredo bastante popular que, aínda que non o pareza, encobre moitas matemáticas.



Que é un número primo? Que tipos de números primos existen? E por que hai infinitos números primos? Estas e outras cousas cóntanse neste vídeo.



 Que terá que ver un xogo de moedas cos números pares e impares? Neste traballo de investigación amosaremos como as matemáticas explican certos trucos con moedas cos que nos poden sorprender. 




Hai unha chea de efectos de maxia que funcionan grazas ás matemáticas. Neste traballo presentamos un efecto que permite adiviñar o número pensado por unha persoa.


A lei d'Hondt é un sistema de reparto electoral usado en moitos países, entre eles España, que pretende outorgar escanos dunha maneira proporcional.



No hay comentarios:

Publicar un comentario