miércoles, 21 de diciembre de 2016

Festival Nadal

E como remate de Trimestre, fixemos o festival de Nadal en colaboración ENDL e o Concello, nunha primeira sesión estivemos nunha conferencia sobre o Cosmos e astronomía no Auditorio Xosé Casal e posteriormente o alumnado de 2º ESO estivo facendo unha demostración da Regueifa e improvisación en verso. 


martes, 20 de diciembre de 2016

1º Festival de Artes Escénicas e Danza



O primeiro festival de Artes Escénicas e danza tivo a súa orixe nos bos resultados que se estaban obtendo nas diferentes probas que a profesora da materia estaba pedindo aos seus alumnos/as do grupo. Deste xeito a exhibición baseouse nos contidos de: bailes e ritmos latinos, danza moderna, percusión e mimo. Comezamos cun traballo de ritmo con “cups” para dar unha entrada potente ao festival, pasando por unha “rueda cubana” na que participaba practicamente todo o grupo, realizaron dous traballos de percusión, outro máis de “cups” combinado con expresión corporal. Tres alumnos demostraron a súas dotes expresivas en performances individuais de mimo; tamén tivemos coreografías variadas: de zumba, unha preciosa ca música de “Sia” e unha última coa que rematamos o festival ao ritmo de Pharrell Willians. Parabéns para todos os ilusionados alumnos/as que participaron e o deron todo neste primeiro festival de Artes Escénicas e Danza.

lunes, 19 de diciembre de 2016

Dragal

Xa estamos mergullados na lectura do libro de Elena Gallego, Dragal I. A herdanza do dragón. Estivemos facendo varias actividades durante este trimestre. Por unha banda visionamos o booktrailer do libro:

 
O alumnado de 1º ESO fixo unha presentación para que os demais centros soubesen algo de nós.


 Decoramos a Biblioteca do noso centro para ambientar as nosas lecturas.



viernes, 16 de diciembre de 2016

Decoración de Nadal de TAPSD

O alumnado de 1º TAPSD decoraron os corredores do centro empregando material de refugallo. Moitas grazas por este fantástico traballo!!

domingo, 11 de diciembre de 2016

Recomendacións Nadal

Faltando poucos días para disfrutar das vacacións de Nadal, a Biblioteca do Camballón quere facer unhas recomendacións para estes tempos fríos. Disfrutádeas moito!!




viernes, 2 de diciembre de 2016

25 de Novembro: Dia Internacional CONTRA a Violencia de Xénero

O noso centro quixo sumarse, unha vez máis, á loita contra á violencia de xénero. Despois de traballar o tema por titorías nas semanas previas, o 25 saímos ó patio para rexeitar a violencia que sufren as mulleres. aquí tedes unha mostra do acontecido.

NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!!!