viernes, 11 de noviembre de 2016

Toma castaña!!

Hoxe, día de San Martiño, nada mellor para celebrar o magosto, que unha xornada de xogos no ximnasio do Camballón e unhas regueifas a cargo do alumnado de 2º de ESO.


Estivemos dúas sesións 38  equipos xogan a: carreiras de sacos e relevos, bolos, torre de Hanoi, poliedros, orde alfabético, círculos, enredo coas mans, cifras, tangram, botella, tres en raia, dominó, cadeiras, pasapalabra, kapla e avión. Tamén houbo concurso de cabazas en varias categorías:
-a que máis medo da.
- a máis traballada.
- a máis divertida.
O premios fallaranse o martes 15/11/2016.
Pero as castaña non so teñen importancia alimenticias senon folclórica e literaria.
Rosalía de Castro, principiaba así o seu poema: “¡TERRA A NOSA!”.
“Baixo a prácida sombra dos castaños
do noso bon país;
baixo aquelas frondosas carballeiras
que fan dose o vivir;
cabe a figueira da paterna casa,
que anos conta sin fin,
¡Qué contos pracenteiros, qué amorosas
falas se dín alí!”.
O imaxinativo Alvaro Cunqueiro adica istas  verbas ós castiñeiros: “Dende os tempos máis remotos, Galicia foi castañeira. Nas iadeiras dos outeiros nosos, e nos vales, medraba o castiñeiro ou castiro, coa sua grande copa románica, coa flor no primeiro verán que chaman recandeo. Logo aparecían os ourizos, que se van facendo pouco a pouco, co tempero ideal que é “en Agosto arder e en Setembro beber”.

Rematamos a xornada degustando castañas!!

  Aqui queda unha pequena mostra desta xornada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario