martes, 4 de octubre de 2016

Día do Maior

 Con motivo da celebración do Día das persoas maiores, que este ano tivo como lema "Visibilizar os nosos maiores", o grupo de primeiro do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependecia quixo aportar o seu gran de área.
Realizouse unha búsqueda de obxectos relacionados co maior, unha chambra conmemorativa, unhas crachas coas figuras dos maiores e uns marcapáxinas coas facianas dos maiores. Estes elementos foron agochados en diferentes lugares do centro, e foi o alumnado de 1º e 2º ESO os encargados  de atopalos.
 Deste xeito quixemos resaltar a necesidade que teñen os nosos maiores de ser vistos polos máis novos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario