lunes, 26 de septiembre de 2016

Regueifando en Guipúzcoa

Comezamos o curso viaxando a Euskal Herria para regueifar en Errenteria, ao Festival de Culturas do Atlántico Atlantikaldia, convidados pola Casa de Galiza en Donostia.Unha das probas consistía en desenvolver un tema a partir dunha situación flicticia. Unha experiencia única!!


lunes, 19 de septiembre de 2016

Arranca o Club de Lectura



Hoxe arranca o Club de Lectura do Marco do Camballón. Quedades todas e todos  invitados a participar. Podedes apuntarvos na nosa Biblio a partir de hoxe.

domingo, 18 de septiembre de 2016

Comezamos unha nova andaina.

 


Territorio das Artes, con este lema arrancamos este ano as Bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.  MINIA REGOS é a creadora do cartel deste curso. 
Biblioteca escolar e Abre os ollos convidámosvos a descubrir,explorar e apreciar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos)

Bo comezo de curso!!