viernes, 13 de mayo de 2016

Visita do alumnado da Primeira Mobilidade Erasmus+

Hoxe tivo lugar na aula Manuel Dobarro a recepción de dous alumnos do Ciclo de Soldadura e Caldeirería que rematou a  Primeira Mobilidade Erasmus+ na cidade de Belfast en Reino Unido durante 6 meses. Este programa está solicitado a través dun consorcio entre a Diputación de Pontevedra e varios centros da provincia entre o que se encontra o IES Marco do Camballón. Participa o alumnado que remata o ciclo e ten un período dun ano para poder acollerse a el.  
Dende o pasado 25 de abril  outros tres alumnos do centro participan  na Segunda Mobilidade Eramus+  na mesma cidade.  Queda pendente o destino de outros tres alumnos que  se incorporaran no mes de outubro na Terceira Mobilidade Erasmus+.
O alumnado conta cunha beca de 1600 euros mensuais e o desprazamento de ida e volta incluídos.
Con este programa o alumnado adáptanse as esixencias do mercado laboral a escala comunitaria, adquiren aptitudes específicas e experiencia laboral así como unha preparación e actualización da lingua de acollida (neste caso inglesa que é algo que demanda o sector metalúrxico). 
Diego Filloy e Rafael Viana contáronnos como foi a súa esperiencia durante a súa estancia na costa este de Irlanda do Norte e tamén respostaron a todas aquelas dúbidas que moitos compañeiros/as  do centro.

Parabéns rapaces por esta experiencia irrepetible!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario