miércoles, 30 de marzo de 2016
Visita de Xurxo Mariño
Hoxe veu o centro Xurxo Mariño para falar dunha viaxe a máquina da mente e
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Xurxo Mariño
martes, 29 de marzo de 2016
Reciclando con TAPSD
Dentro do módulo de Apoio Domiciliario desenvolvemos diversas actividades sobre a reciclaxe no fogar.
Este curso demos un paso máis cara a diante concienciando ao alumnado sobre os pequenos grandes contaminantes: as cabichas e os chicles.
Non ao acoso nin nas aulas nin en ningún outro ámbito da vida.
Hoxe presentamos na aula Manuel Dobarro do IES esta pequena e humilde peza audiovisual que fixeron co Clubeda Lingua: Non ao acoso nin nas aulas nin en ningún outro ámbito da vida.Non ao acoso.
Unha produción conxunta do Clube da Lingua do IES Marco do Camballón e Canto Ghalpón contra o acoso escolar.
A curtametraxe pretende sensibilizar á comunidade escolar diante do problema do acoso escolar e pon a súa atención no campo das agresións verbais, insultos, prexuízos e discriminacións.
Co lema "Non olles a outro lado", a curtametraxe contou coa participación no guión e na interpretación do Clube da lingua. Canto Galpón é un colectivo de humor na internet formado por xente nova de Vila de Cruces. A súa páxina http://cantoghalpon.gal/.
Este proxecto é o resultado da implicación do Clube da Lingua-Equipo de Normalización no proceso de elaboración do Plan de Convivencia do IES Marco do Camballón impulsado pola propia comunidade escolar. Estímase que un 7% do alumnado galego sofre acoso escolar e este audiovisual procura concienciar para a participación do alumnado na resolución de conflitos relacionados con este tema de violencia entre iguais. O Clube da Lingua ten como obxectivo a elaboración de proxectos de participación social para a normalización da lingua galega e significa o IES de Vila de Cruces como un dos centros máis innovadores no fomento da lingua para a mellora da calidade educativa, polo que ten recibido diversos recoñecementos institucionais e sociais.

viernes, 18 de marzo de 2016
TEATRO SMOKE CITY
TEATRO SMOKE CITY
Smoke City aborda unha problemática moi de actualidade como é o tabaquismo e as súas consecuencias a longo prazo na vida dos consumidores.
Smoke City é o paraíso do fume, onde se desenvolve unha historia de acción entre gansters e policías.
martes, 15 de marzo de 2016
Voz Natura
Hoxe o alumnado de primeiro de ESO foi plantar nas zonas verdes do noso instituto.
martes, 8 de marzo de 2016
8 de marzo
Despois de preparar cas nosas voluntarias da Biblio os lazos para ese día, hoxe tamén non acompañou Pilar Díaz, Secretaría de Igualdade, a darnos unhas charlas sobre violencia de Xénero que nos impactou.
Moitas grazas BB por a túa visita.!!
O alumnado de 1º ESO traballaron as mulleres e os xogos.
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Charla,
Día da Muller
lunes, 7 de marzo de 2016
Semana da Muller no Camballón
Esta semana no Camballón, baixo o lema: O DÍA DAS LOITADORAS SON TODOS OS DÍAS, adicámoslla a todas as loitadoras de todos os continentes, separadas por fronteiras (nacionais e internacionais) e diferenzas (étnicas, lingüísticas, culturais, políticas, económicas...) buscan acabar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento no mesmo grao en que o teñen os homes. Elas son e serán parte importante da nosa historia, son corredoras de fondo que buscan acadar a verdadeira igualdade e erradicar a violencia de xénero.
O día 8, coincidindo, coa conmemoración do Día Internacional da Muller, terá lugar na aula Manuel Dobarro varias charlas sobre este tema impartidas por unha experta nesta horario:
De 9.50- 10.40:3º, 4º, 1º e 2º Bac
De 10.40- 11.30: Ciclos de TAPSD e 1º e 2º Soldadura e 1º e 2º FPBásica
Poderán asisitu todas aquelas persoas da Comunidade Educativa que estean interesadas.
Queremos recoñecerlle a nosa loitara todas as cousas que día a día fai e que iremos colgando na súa silueta.
O alumnado de primeiro de ESO van rendirlle unha merecida homenaxe a algunhas mulleres que destacaron nos xogos, tanto de mesa como en xogos olímpicos e que pretendemos difundir a todas a comunidade educativa ao longo desta semana.
Animámonos a participar e coñecer as distintas actividades!!.
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Día da Muller
sábado, 5 de marzo de 2016
Certame de Regueifas de Valadares 2016
Nuria Penas, Noa Guzmán,
Miguel Alonso e Rubén Pardo, -e com a baixa de última hora de Vicente o
Cuco- deixarom bem representado o nosso IES no Certame de Regueifas de Valadares 2016. Grazas á
Asociación ORAL, ao Servizo de Normalización do Concelho de Vigo, a Marta
Souto, a Pinto de Herbón, Luis o Caruncho e Carlos Alonso. Tamém a
Manolo Maseda, con quen participamos no proxecto Regueifesta, que
representando ao IES de Baio, formou parte do jurado.
A cultura é aventura!!!
A cultura é aventura!!!
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Concurso,
Regueifas
martes, 1 de marzo de 2016
Segunda sesión de Mediación
Hoxe volveuse a reunir o noso grupo de Mediciacion. Compartimos comida, tertulia e outra tarde inmemorable cos compañeiros do IES Chamoso Lamas de O Carballiño. Moitas grazas por estas sesións onde compartimos, divertímonos, aprendemos e sobre todos convivimos!!
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Convivencia,
Mediciación
Presentación do libro Tattoos da Galiza
Os compañeriros e compañeiras do clube da Lingua fixeron onte unha triple presentación do libro Tattoos da Galiza. Pola maña presentáronnos no libro no instituto e pola tarde na librería Alvarellos de Lalín e librería Lila de Lilith de Santiago de Compostela. Na presentación estivo Julieta Penas, Tania Plaza, Eloy Hervela, Niko Alvarellos e Uxío Novo. No libro recóllense máis de 200 fotos que reflexan a Galiza que levamos tatuada na pel.
Parabéns compañeiros/as do Clube da lingua por ese gran proxecto!!!
Parabéns compañeiros/as do Clube da lingua por ese gran proxecto!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)