sábado, 27 de febrero de 2016

Visita ao estaleiro de Navantia



Os alumnos de 1º e 2º do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería fixeron unha visita guiada polos estaleiros de Navantia en Ferrol onde puideron comprobar todo o proceso que se leva a cabo na construción naval.
En primeiro lugar recibiron unha charla sobre o compromiso coa calidade do sector naval, dende os operarios ata os directivos e como grazas a esa calidade se reducen os custos e os prazos.
 Posteriormente visitaron o estaleiro na súa totalidade, onde puideron coñecer os medios tecnolóxicos mais avanzados na construción naval, pasando polo corte e preparación das chapas e perfís ata a construción de bloques e o seu ensamblaxe así como, os diques secos para a reparación naval.
A visita rematou no museo do estaleiro, onde fixeron unha pequena achega á historia do estaleiro de Navantia e como foron mellorando os medios na construción naval.

viernes, 19 de febrero de 2016

Visita de Canto Ghalpón

Hoxe tivemos a visitas de ex-alumnado que forma o equipo Canto Ghalpón! Falaron de humor, internet, audiovisual e de moito mais.
 Gravaron en unha curta onde participaron algúns alumnas e alumnas que vai dar que falar!! Tamén pasaron polo laboratorio de Física e Química para gravar un dos seus episodios de vinte minutos.
  Ex-alumnado do que nos sentir orgulhos@s. Moitas grazas por esta visita. Aquí podedes visitar a súa páxina.

jueves, 18 de febrero de 2016

Convivencia no Camballón

Esta tarde vai ter lugar no noso instituto unha xornada de formación para alumnado e profesorado sobre  mediación.




E así pasou unha tarde moi animada onde aprendemos moitas cousas. Grazas o IES Chamoso Lamas de O Carballiño por esta sesión.



miércoles, 17 de febrero de 2016

Teatro con Cristina Collazo

Hoxe visitounos Cristina Collazo para falarnos do teatro no rural e facer teatro con nós. Estivemos facendo actividades para preparar a aprender a respirar, modular a voz... Pasámolo moi ben, grazas Cris.

Visita de Carlos Meixide

Carlos Meixide compartiu con nos o seu mundo a partir da súa novela "Ons". A presentación correu a cargo de Byron e Noa e Nuria regueifaron.












Este é o libro do que nos veu falar pero...




... na biblioteca tamén tiñamos iste...









E como non, firmou no noso libro de  visitas. Moitas grazas Carlos.




martes, 16 de febrero de 2016

Proxecto Boina na escola Mestre Mateo

 O alumnado do IES Marco do Camballón presenta o proxecto "Modernízate: pon boina" na escola  do Mestre Mateo. O alumnado de fotografia da Escola Mestre Mateo vai fotografiar xente con boinas decoradas polo alumnado de xoería. Grazas a Antía Vicente, alumna do CS de Fotografía.

lunes, 15 de febrero de 2016

II Concurso fotográfico



Xa esta en marcha o segunda edición do concurso fotográfico do Marco do Camballón, este ano farase para conmemorar o Día Internacional da Muller e o Ano Internacional da Legume. As fotografías deben enviarse a bibliocruces@gmail.com e as bases do concurso.


O alumnado de TAPSD crearon estes dípticos e carteis para animar a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade. Grazas pola colaboración!!




 Este é o tríptico que van a repartir:









San Valentín no Camballón

Poemas por San Valentín: para celebrar o día da simpatía, amizade, cariño, amor... entre os que convivimos no Camballón decidimos repartir carabeis acompañados de poemas entre a comunidade educativa. Houbo para todos. Entre os poemas que se repartiron están estes e así traballaron as colaboradoras.

Os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá contribuiron a selección de textos:

jueves, 11 de febrero de 2016

Carreira Solidaria

Despois do desfile de carnaval fixemos unha andaina-carreira solidaria en colaboración coa ONG Save the children. O obxectivo é coñecer e actuar para impedir que máis nenos e nenas segan a morrer or mor de doenzas que se poden previr. Aproveitamos que dúas profesoras do centro participaron en viaxes solidarios (en países como: Ghana, Tanzania e Senegal) para que nos contaran as súas experiencias.

Entroido no Camballón

Este Entroido pasearon polos corredores de Marco do Camballón un sinfín de personaxes entre eles todos estes que pasaron polo noso photocall e que despois baixaron o ximnasio.

lunes, 1 de febrero de 2016

Día da Paz no Camballón


O departamento de Debuxo xunto ao seu alumnado, para conmemorar o día Escolar da Paz, pintaron estes cadros inspirados na obra do grafiteiro británico Bansky para sorprender a toda a comunidade educativa.


Así apareceu o corredor do centro no recreo....




O alumnado de 4º ESO elaboraron a biografía de Bansky para dar a coñecer algunhas das súas obras.




Entre todo o alumnado de Relixión elaboraron con material de reciclaxe este mural.




O teu punto de vista pode cambiar o mundo. Clipmetraxes 2016

O alumnado do noso centro acaba de presentarse ao concurso de Clipmetraxes de Manos Unidas que
pretende sensibilizar ao alumnado sobre a pobreza, o subdesenvolvemento, a fame, as desigualdais e as súas causas. A actividade fomenta o traballo en equipo e consiste en elaborar vídeos dun minuto de duración.
Neste Enlace podes ver e votar os vídeos. Grazas