miércoles, 29 de abril de 2015

Aviso para cambaNeteir@s

Esta semana, como xa sabedes, remata o concurso CambaNet, salvo que se produza un empate na primeira ou na segunda posición. De ser así, habería que desempatar respondendo a un par de preguntas que se publicarían o luns da vindeira semana.
Tede en conta que o luns 4 de maio é festivo, así que non poderedes investigar na biblioteca ata o martes 5.

Moito ánimo aos equipos que seguides en concurso e sorte a tod@s!

lunes, 27 de abril de 2015

CambaNet: 10ª Fase

A continuación publicamos as preguntas correspondentes á 10ª fase (Departamento de Linguas Clásicas) do concurso CambaNet que deberedes responder entre o luns 27 de abril e o venres 1 de maio. 
   Lembrade que para responder estas preguntas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades no prazo arriba sinalado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
       
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación, faranse públicas o domingo 3 de maio.

Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón

Lembrade que o venres 1 de maio é festivo e non poderedes facer consultas na biblioteca!

As preguntas son as seguintes:

1. Cara ao final das Euménides (obra contida no volume que ten a signatura 807/ESQ/tra), unha importante deusa do panteón grego pon paz entre Orestes e as súas perseguidoras. Segundo a lenda, esta deusa entregou aos atenienses unha oliveira, a carón da cal, no século V a.C. , se erixiu un templo que tomou o nome dun rei mítico da cidade e que é coñecido, sobre todo, por ter as máis femininas das columnas gregas.
Como se chama o templo? Como se chaman esas columnas?

2.  Nos andeis da sección de Linguas Clásicas podedes atopar algunhas das obras do poeta que formulou o tópico literario do carpe diem. En que páxina do exemplar que temos na nosa biblioteca podemos atopar este verso? A quen está dirixido o poema?

domingo, 26 de abril de 2015

Manos Unidas 2015

O pasado 17 de outubro de 2014, coincidindo co Día internacional para a Erradicación da Pobreza, arrancou o concurso de Clipmetraxes de Manos Unidas co lema "O desafío da fame no mundo II". A final autonómica tivo lugar o 10 de abril na Coruña.
O alumnado de Relixión desde 2º ESO ata 2º Bacharelato do instituto presentou 15 propostas para sensibilizar sobre a fame e denunciar as causas durante un minutos.
Os nosos comportamentos, o  noso modelo socioeconómico e as nosas actitudes están detrás das causas da fame. A degradación medioambiental, os biocombustibles e o acaparamento de terras son as tres causas evitables e denunciables da fame no mundo.
Aproveitamos a viaxe para visitar a casa onde residíu Pablo Picasso dende 1891 ata 1895 e onde están expostas 33 das súas obras.
Tamén fomos ao monte de San Pedro, onde subimos no ascensor panorámico, vimos os canóns e a cúpula atlántica, paseamos polo labirinto inglés elaborado con plantas italianas e gozamos das vistas da Coruña.

Clasificación da 9ª Fase

   As respostas correctas ás preguntas da 9ª fase son as seguintes: 

  1. Celébrase este ano o IV centenario da publicación da II Parte dunha obra moi coñecida da Literatura Castelá. Cal é a derradeira palabra desta novela (antes de "Fin", claro)?

"Vale"

2. Se multiplicas por 2 o número de poemas que contén o Romancero Gitano terás unha cifra que se corresponde cunha data na que se iniciou no século XX un importante conflito bélico. O mesmo día que rematou esa guerra, pero 10 anos antes naceu un coñecido autor checo cuxa novela máis importante foi levada ao cine no ano 1987. Cómo se chama o director desta película?

Philip Kaufman

CLASIFICACIÓN

          EQUIPO  
        Puntuación por pregunta
      Total parcial
      Total final
Os nénos
5/5
10
124
Morriña
5/5
10
118
Nosilo
5/5
10
118
  Alex Tintor
5/5
10
75

sábado, 25 de abril de 2015

Actividades en Santiago

Os departamentos de Música e Relixión levaron ao alumnado de 1º e 2º ESO ao Auditorio de Galicia e a xeadería Xearte Brigitte
No auditorio asistimos a un concerto coa música do "Romeo e Julieta" de Sergei Prokofiev, cunha representación escénica da traxedia con monicreques. E na xeadería tivemos ocasión de ver como é o proceso de fabricación dos xeados, con produtos sempre da terra, como foi o caso dos xeados de fresas que puidemos degustar

miércoles, 22 de abril de 2015

Día do libro

 E, que era esa cabina do corredor da 2ª planta?
Un galiñeiro, unha sala para relaxarse despois do traballo ou un espazo de lamentacións na intimidade para o alumnado acorado polos exames. Estas e outras respostas nos destes cando vos preguntamos pola posible función desa estrutura que pouco a pouco ía montando o alumnado de Soldadura.
Logo veu a xente de Plástica de 4º e transformou a "fachada principal" na portada dun manual de autoaxuda para vagos. Aí o tedes: é un libro xigante no que queremos que entredes para contarnos calquera cousa que queirades compartir sobre as vosas lecturas: personaxes, autores, sensacións, críticas, gabanzas, libros ou películas... de xeito individual, por parellas ou en grupos (reducidos, que o espazo é mínimo!). 

Aquí tedes unha mostra para ir quentando motores:

Entrade na dimensión literaria e deixade a vosa testemuña!

Para que vos podades gravar, haberá unha cámara e un trípode na cabina durante os recreos e alguén do equipo de colaboradoras da biblioteca que resolverá posibles dúbidas.

E estes son os marcapáxinas cos que nos agasllaron as alumnas do Club de lectura despois de ler Las hijas de Tuga de Ricardo Gómez.

Marcapáxinas, un agasallo das alumnas do Club de lectura para o Día do Libro on PhotoPeach

lunes, 20 de abril de 2015

CambaNet: 9º Fase

A continuación publicamos as preguntas correspondentes á 9ª fase (Departamento de Lingua Castelá) do concurso CambaNet que deberedes responder entre o luns 20 e o venres 24 de abril. 
   Lembrade que para responder estas preguntas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades no prazo arriba sinalado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
       
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación, faranse públicas o domingo 26 de abril.

Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón

As preguntas son as seguintes:

1. Celébrase este ano o IV centenario da publicación da II Parte dunha obra moi coñecida da Literatura Castelá. Cal é a derradeira palabra desta novela (antes de "Fin", claro)?

2. Se multiplicas por 2 o número de poemas que contén o Romancero Gitano terás unha cifra que se corresponde cunha data na que se iniciou no século XX un importante conflito bélico. O mesmo día que rematou esa guerra, pero 10 anos antes naceu un coñecido autor checo cuxa novela máis importante foi levada ao cine no ano 1987. Cómo se chama o director desta película?

domingo, 19 de abril de 2015

Clasificación da 8ª Fase

As respostas correctas ás preguntas da 8ª fase son as seguintes:

   1. En novembro de 2014 estreouse unha película baseada nunha novela de Eduardo Blanco Amor e coprotagonizada por Miguel de Lira. Indica cantos exemplares desta novela temos na nosa biblioteca e o/s seu/s número/s de rexistro.

4 exemplares. Nº: 97, 294, 3609, 5566

   2. Como se titula a comedia infantil representada pola Liga de Amigos de Vila de Cruces en 1935?

Un vendedor ambulante

CLASIFICACIÓN

          EQUIPO  
        Puntuación por pregunta
      Total parcial
      Total final
Os nénos
5/5
10
114
Morriña
5/5
10
108
Nosilo
5/5
10
108
  Alex Tintor
5/5
10
65

miércoles, 15 de abril de 2015

Intercambio entre as Bibliotecas do IES Marco do Camballón e o IES Perdouro de Burela

Se descubrides no libro de visitas da Biblioteca

algunhas palabras que vos chaman a atención..., que saibades  que son palabras que viñeron de Burela!
Escritas en árabe, en wolof, en serer, en francés, en portugués por rapazas e rapaces de Senegal ou Cabo Verde, chegaron ao noso instituto facéndonos ver que entre nós vive moita  xente que fala linguas como a nosa...  pero que veñen de moi  lonxe.
Tivemos unha visita moi especial! Un grupo de 17 alumnos de 1º de Bacharelato e 3º de PDC do IES Perdouro viñeron ao noso centro, nun irmandamento entre a nosa biblioteca e a súa, nunha actividade arredor da lingua galega, que implicou tamén o proxecto Palabras de Pedra, do noso instituto, e o Proxecto Neo, de Burela.
Acollemos as nosas convidadas e convidados na Biblioteca e alí intercambiamos experiencias. Nós explicámoslles algunhas actividades que estamos a desenvolver no noso instituto, e eles faláronnos do seu proxecto, baseado na diversidade cultural. Porque Burela é unha vila con moita inmigración e o seu proxecto consiste en poñer en valor a riqueza humana da diversidade, a convivencia entre persoas e culturas diferentes.
Aquí podemos ler un texto que escribiu Elena Valle, alumna do IES de Burela sobre a súa visita ao noso centro:

"No instituto Marco de Camballón, o profesor e un grupo de alumnos do Clube da Lingua explicáronnos o seu funcionamento. O que máis me gustou foi unha actividade de recollida e selección de fotografías de tatuaxes, xa que mobilizaron a poboación para conseguiren máis de cen mostras en menos dun mes. Nós contámoslles o motivo da nosa visita e ensinámoslles algúns traballos (“Panchito” e “Modelo do Século XXI”) protagonizados polo alumnado de 3º de PDC cos que acadaron o premio de Educación sen Fronteiras, nos que se mostra o que eles e elas son: unha nación formada por persoas procedentes de diversos lugares do mundo reunida en Burela, co galego como vehículo de comunicación común."

E aquí tedes as palabras que nos deixaron

lunes, 13 de abril de 2015

CambaNet: 8ª Fase

A continuación publicamos as preguntas correspondentes á 8ª fase (Departamento de Lingua Galega) do concurso CambaNet que deberedes responder entre o luns 13 e o venres 17 de abril. 
   Lembrade que para responder estas preguntas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades no prazo arriba sinalado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
       
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación, faranse públicas o domingo 19 de abril.

Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón

As preguntas son as seguintes:

1. En novembro de 2014 estreouse unha película baseada nunha novela de Eduardo Blanco Amor e coprotagonizada por Miguel de Lira. Indica cantos exemplares desta novela temos na nosa biblioteca e o/s seu/s número/s de rexistro.

2. Como se titula a comedia infantil representada pola Liga de Amigos de Vila de Cruces en 1935?

domingo, 12 de abril de 2015

Clasificación da 7ª Fase

As respostas correctas ás preguntas da 7ª fase son as seguintes:

1. Nos fondos musicais da biblioteca poderedes atopar un disco chamado “The Wall”, que é un dos máis vendidos de todos os tempos (máis de 33 millóns de copias). Os autores dese disco publicaron en 1994 outro álbum titulado “The Division Bell”, cuxa portada fixo un excelente deseñador gráfico que tamén traballou para grupos de rock como Led Zeppelin, Peter Gabriel, Bad Company, ELO, Scorpions, AC/DC, Black Sabbath, The Cranberries, Mike Oldfield, Offspring, Muse etc. Pois ben, poderiádesnos dicir cal é o nome dese deseñador?

Storm Thorgerson 

2. Entre as películas que temos na biblioteca hai un famoso musical protagonizado entre outros por Gene Kelly e Frank Sinatra e dirixido por Stanley Donen e Gene Kelly no ano 1949. Estes dous últimos, uns anos despois, dirixiron un recoñecido e aclamado musical cuxa canción principal dá título a esta película. Escribe os primeiros cinco versos desa coñecida canción que dá título a este musical (o primeiro empeza por “I'm...” e o quinto remata con “...clouds”)

"I'm singing in the rain
Just singing in the rain
What a glorious feeling
I'm happy again
I'm laughing at clouds"

CLASIFICACIÓN

          EQUIPO  
        Puntuación por pregunta
      Total parcial
      Total final
Os nénos
5/5
10
104
Morriña
5/5
10
98
Nosilo
5/5
10
98
  Alex Tintor
0/5
5
55

viernes, 10 de abril de 2015

Visita a Meteogalicia e ao CIMUS

Este xoves 9 de abril desprazámonos co alumnado de 1º e 2º Bacharelato  a Santiago para facer unha visita ás instalacións de Meteogalicia. Alí nos explicaron as distintas seccións que forman o centro meteorolóxico, a formación académica que ten o persoal que alí traballa, os aparellos de medición e de predición, o funcionamento do propio centro... Aprendimos un bo feixe de cousas sobre o tema e marchamos encantados e con algún que outro regaliño. Moi agradable e didáctica a visita.
Na segunda parte da mañá acudimos ao CIMUS (Centro de investigación molecular e enfermidades crónicas) onde nos guiaron polas súas instalacións, nos explicaron os distintos equipos para realizar as súas investigacións e os seus proxectos de investigación molecular.
En fin, unha mañá moi produtiva para achegarnos ao mundo da ciencia, ciencia que traballa para facer que a vida humana sexa día tra día máis fácil e que se desenvolva con menos incertezas e riscos.

lunes, 6 de abril de 2015

CambaNet: 7ª Fase

A continuación publicamos as preguntas correspondentes á 7ª fase (Departamentos de Música e Plástica) do concurso CambaNet que deberedes responder entre o luns 6 e o venres 10 de abril. 
   Lembrade que para responder estas preguntas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades no prazo arriba sinalado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
       
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación, faranse públicas o domingo 12 de abril.