viernes, 27 de noviembre de 2015

FALECE XOSÉ NEIRA VILAS

Hoxe deixounos o cruceño máis internacional, o escritor máis coñecido da nosa vila que será sempre recordado polo seu personaxe de Balbino en Memorias dun neno labrego, unha obra imprescindible na historia da literatura galega. As homenaxes na súa honra levanse sucedendo xa durante varios anos nos que os galegos e galegas recoñeceron a importancia capital da escrita deste novelista que é un dos grandes creadores na nosa terra; a partires de hoxe as loubanzas xa non contarán coa súa presencia que sempre nos quedará nas súas obras.

Así recollen a nova algúns xornais:

miércoles, 25 de noviembre de 2015

25 de novembro: Educando contra a Violencia de Xénero


Un ano máis as estadísticas ofrecen datos vergoñentos sobre o número de vítimas por violencia de xénero. É necesario recordar a importancia de levar a cabo accións que fomenten a igualdade de xénero e axuden a previr a violencia. 







150 vídeos para traballar a prevención da violencia de xénero no eido educativo.


No centro traballouse este tema e o resultados foron traballos como estes:



Alumnado de TAPSD
O alumnado de terceiro de ESO fixeron unha nube de palabras sobre  o violencia de xénero

lunes, 23 de noviembre de 2015

A historia da ponte de Ponte Ledesma

Na tarde de hoxe visitounos don Juan Rico Lenza- Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos- que veu acompañado por dúas persoas que pertencen a directiva da Asociación de Veciños de Ponte Ledesma-Natalí González e Alejandra Fernández-, que levan tempo promovendo diferentes iniciativas de divulgación cultural.
Unha das súas principais vertentes de coñecemento ten que ver coa investigación e difusión do patrimonio da súa contorna, entre o que salienta a emblemática ponte construída sobre o río Ulla, que comunica as parroquias de Santiago de Gres e Ledesma, xusto no límite dos concellos de Vila de Cruces e Boqueixón.
Trátase dun espazo singular non só pola presenza dunha excepcional contrución como é a ponte, senón pola súa  relevancia como escenario dun episodio de gran transcendencia histórica. Alí tivo lugar a coñecida batalla de Ponteledesma, mo marco da Guerra de Independencia.

jueves, 12 de noviembre de 2015

Gañadores de Samaín

Os cursos gañadores do concurso de decoración por aulas foron:


TAPSRRORÍFICO- Alumnado de TAPSD                              O CONXURO DOS DOCES- 2º ESO B










Os gañadores do campeonato de axedrez foron:
Marcos Gónzalez Lamas
Daniel Soto Parcero


O equipo  mellor da xincana de xogos foi o formado por: Iria, Nerea, Anxela, María, Paula e María.


Parabéns a todos por ese vale por un Bocata!!

lunes, 9 de noviembre de 2015

Día da ciencia en galego

O mércores 5 de novembro o alumnado de 2º ciclo de ESO, Bacharelato e Tapsd asistíu a videoconferencias de Ciencia en Galego co título: A máquina que constrúe a mente e a realidade a cargo do biólogo e doutor en Ciencias Biolóxicas Xurxo Maríño.
Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo.

sábado, 7 de noviembre de 2015

Samaín no Camballón

O venres celebramos no centro o Samaín, festividade de orixe celta, un tempo de tradicións e festa, e sobre todo de medo, de moito... medo.
Na entrada do centro tiñamos a un invitado especial, presentándonos unha colección de libros e películas de medo. Por unha banda, propuxemos un concurso de decoración por parte do alumnado das distintas aulas
Por outra banda, elaboramos un recetario de cociña con productos típicos desta época como son: cogumelos, castañas, noces e cabazas. Neste proxecto da Biblioteca colaboraron os departamentos de Lingua galega, Lingua Castelá, Francés, Inglés e ITI.


 Tamén tivo lugar unha xornada de xogos e rematamos cunha degustación de castañas.

O alumnado de 2º de Bacharelato e 4º de ESO elaboraron unha recopilación de epitafío

viernes, 6 de noviembre de 2015

Regueifando na Biblioteca Ánxel Casal

 IES Maximino Romero, de Baio, e o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces presentamos o dia 5 de novembro en Santiago de Compostela, o “Proxecto Regueifesta”, dentro das Xornadas de Tradición Oral da Biblioteca Anxo Casal. Este proyecto ten como obxectivo a creación dun proceso innovador de participación da Comunidade Escolar no coñecemento, valoración e práctica da regueifa como impulso de normalización linguística.
A regueifa, forma tradicional de improvisación oral, ten un importante potencial lúdico e unha alta capacidade para desenvolver habilidades linguísticas, musicais, comunicativas e sociais.
Esta forma tradicional do noso patrimonio inmaterial, chegou a nós grazas á transmisión oral. Este proxecto pretende activar e difundir a regueifa entre a xente nova, mediante un proceso de participación sociocultural, interxeracional e interterritorial a través das novas tecnoloxías.
O Proxecto Regueifesta, alén do obxectivo de normalización da lingua, desenvolve outras competencias educativas de interese: música, literatura, igualdade de xénero, interculturalidade, coñecemento do medio...
O proxecto desenvolverase a través dunha dinámica cotiá no uso das redes sociais no proceso desocialización.
 A xornada completouse coa visita ao Museo do Pobo galego.