lunes, 15 de junio de 2015

A República das Palavras

Xa temos na biblio a última obra de Séchu que reseña José F. Asorey:



Séchu Sende, A  República das Palavras

A editorial Através vén de sacar do prelo A república das Palavras, recente contribución de Séchu Sende á República das Letras Galegas. Trinta e tantos relatos breves con algunhas cuñas poéticas conforman esta magnífica obra que o seu autor confirma ser continuación de Made in Galiza. Pode considerarse como unha miscelánea narrativa na que Sende, xogando coas imaxes humorísticas, trata temas de ficción, realistas e mesmo surrealistas, desde anécdotas tabernarias ata narracións sublimes que non nos deixan indiferentes. Asemade, fai unha defensa apaixonada da lingua e da cultura de noso, tocando ademais outros temas como pode ser o feminismo e o amor polos animais. Dada a miña simpatía e admiración por Séchu, que me honra coa súa amizade, recoñezo que non podo ser totalmente obxectivo, pero o que si podo asegurar é que coa lectura de A República das Palavras gocei moitísimo.
Días atrás, o diario catalán La Vanguardia publicou unha recensión coa que coincido totalmente. Recomendo encarecidamente a súa lectura.
Parabéns, Séchu, e grazas por esta achega á República das Letras Galegas.


Aquí tedes algunhas ligazóns de interese:

http://www.lavanguardia.com/20150530/54431972660/galaicocatalanes-marius-serra.html



Esta é a foto que Xurxo Mariño lle fixo ao escaparate dunha libraría tarraconense na que se expoñía a versión catalá da Made in Galiza, La venedora de paraules


No hay comentarios:

Publicar un comentario