martes, 30 de junio de 2015

RECOÑECEMENTO EXTRAORDINARIO

Dous dos nosos alumnos de 2º de Bacharelato, Silvia Alonso Blanco e Marcos Fernández Pichel, recibiron hoxe  en Santiago de Compostela o recoñecemento ao seu esforzo. Estes premios concédense aos mellores expedientes de Galicia cuxa puntuación supere o 9 na nota de acceso á univesidade. Parabéns.



martes, 23 de junio de 2015

VIDEO OBRADOIRO DE CREACIÓN ARTÍSTICA 2015

Sumándonos ao fenómeno dos vídeo clips urbanos, os rapaces/as do grupo de obradoiro de creación artística realizan a montaxe dun vídeo ao ritmo da canción  “blurred lines” de Robin Thicke. Utilizamos como marco creativo diversas zonas do noso instituto como son: o ximnasio, a biblioteca, as escaleiras da entrada, os baixos, as pistas polideportivas, os corredores da planta baixa e as columnas da entrada. O vosos compañeiros/as bailan e brincan en todos estes escenarios abertos, nunha mostra de traballo en equipo e creatividade a esgalla.





miércoles, 17 de junio de 2015

Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia

O vindeiro curso 2015-2016, o IES "Marco do Camballón" ofertará o 
Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, 
conducente ao título de Técnico en atención a persoas en situación de dependencia. 





Contacto:
e-mail: ies.marco.camballon@edu.xunta.es

Tfo.: 986582251

Ligazóns de interese:

http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp
http://www.edu.xunta.es/fp/conece-fp


lunes, 15 de junio de 2015

A República das Palavras

Xa temos na biblio a última obra de Séchu que reseña José F. Asorey:



Séchu Sende, A  República das Palavras

A editorial Através vén de sacar do prelo A república das Palavras, recente contribución de Séchu Sende á República das Letras Galegas. Trinta e tantos relatos breves con algunhas cuñas poéticas conforman esta magnífica obra que o seu autor confirma ser continuación de Made in Galiza. Pode considerarse como unha miscelánea narrativa na que Sende, xogando coas imaxes humorísticas, trata temas de ficción, realistas e mesmo surrealistas, desde anécdotas tabernarias ata narracións sublimes que non nos deixan indiferentes. Asemade, fai unha defensa apaixonada da lingua e da cultura de noso, tocando ademais outros temas como pode ser o feminismo e o amor polos animais. Dada a miña simpatía e admiración por Séchu, que me honra coa súa amizade, recoñezo que non podo ser totalmente obxectivo, pero o que si podo asegurar é que coa lectura de A República das Palavras gocei moitísimo.
Días atrás, o diario catalán La Vanguardia publicou unha recensión coa que coincido totalmente. Recomendo encarecidamente a súa lectura.
Parabéns, Séchu, e grazas por esta achega á República das Letras Galegas.


Aquí tedes algunhas ligazóns de interese:

http://www.lavanguardia.com/20150530/54431972660/galaicocatalanes-marius-serra.html



Esta é a foto que Xurxo Mariño lle fixo ao escaparate dunha libraría tarraconense na que se expoñía a versión catalá da Made in Galiza, La venedora de paraules


Cerceda 2015

O alumnado de Relixión participou o pasado venres dunha xornada de convivencia no parque acuático de Cerceda.

miércoles, 3 de junio de 2015

Boletín de lecturas para verán

Aquí vos deixamos as distintas suxestións de lectura para este verán. O prazo de préstamo está aberto ata o venres 19. Non vos despistedes!!!








martes, 2 de junio de 2015

Actividades varias do departamento de Educación Física

Aquí podedes ver as actividades que levou a cabo o Departamento de Educación Física ao longo deste mes.