jueves, 27 de noviembre de 2014

Tattoos da Galiza

Tattoos da Galiza é unha colección de tatuaxes en galego ou de tema galego que recolleu o Clube da Lingua no concurso "Galiza, á flor da pel". Como veredes, a colección é impresionante, con tatuaxes moi orixinais e de gran valor estético e simbólico.

Algúns representan temas persoais, íntimos; outros som máis sociais ou políticos. O importante do concurso, e que chamou moito a atención na rede social, foi termos a oportunidade de poder ver e compartir imaxes e deseños que normalmente pertencen ao ámbito do privado, do persoal. Puidemos facer pública, colectiva, unha colección que sumou moitas experiencias persoais.

Tamén é importante, e emocionante, saber que a nosa lingua, a nosa identidade é moderna, actual e está vinculada, á arte de vangarda, e ao mundo da xente nova.

E descubrimos que as imaxes galegas, desde os petróglifos ata as sereas de Castelao, son unha opción atractiva, fermosa e potente a outros deseños foráneos, como motivos americanos, xaponeses ou maorís.

Que vos preste! Viva a nosa cultura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario