viernes, 20 de junio de 2014

Namorados das ciencias



Comezamos este curso que agora remata lembrando uns versos de Kavafis:

Cando saias de viaxe cara á Ítaca,
desexa que o camiño sexa longo,
cheo de aventuras, cheo de coñecementos...

Palabras evocadoras do periplo de Ulises en procura do seu lar, da dilatada travesía na que tantas xentes e terras ignotas ía descubrir.
Neste século XXI, no que xa se traspasou a última fronteira, no que o Everest, antaño cume inexpugnable, é case un destino turístico máis, a vertixe do descoñecido e a chamada da aventura veñen agora do vasto océano da ciencia.
E como Ulises, hai tres milenios, tamén nós hoxe portamos o noso saco de Eolo: a curiosidade, que enche de continuo as nosas velas.
E non paramos de facernos preguntas:

É verdade que o cristal é un líquido?
Cal é a orixe do cero?
Por que non se oxida o aceiro inoxidable?
Son cousas que eu non sei
Como a razón pola que se producen as resacas
Ou pola que as postas de sol son de color laranxa
Por non falar xa
De cómo se mide o peso dun planeta
Ou de por qué dormen as quenllas e os golfiños sen afogarse
Amor meu
Látego centrífugo de algas siderais
Enigmas como o de se é verdade que a suor dos hipopótamos é rosa

Así somos e así nos temos un ao outro
A ciencia eu e ti

(Látego de algas, Antón Reixa)

Quizais non atopemos todas as respostas. Pero a viaxe, ben paga a pena.

Feliz verán a tod@s!



Carla Castro Pedreira, Scientia, recreación do poema Látego de algas


 Cecilia García Soto, Sentido, recreación do poema Látego de algas


David Pedreira Chorén, Sen título, recreación do poema Látego de algas

jueves, 19 de junio de 2014

viernes, 13 de junio de 2014

Recomendacións de lecturas, vídeos e música para o verán

Este ano as suxestións de lectura véñennos das estrelas: @s astrónom@s len... e recomendan.
Aproveita o verán para navegar polo cosmos do cine e da literatura.





Ademais da xente do mundo da astronomía, tamén nos suxiren lecturas para este verán alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º de ESO


jueves, 12 de junio de 2014

Gañadores do Concurso Cambaletras

Parabéns para os gañadores do concurso Cambaletras deste ano: Roi, Adrián e Alexandre
de 1º de ESO.




domingo, 8 de junio de 2014

CambaLetras 2014: respostas do 3º bloque e clasificación definitiva



As respostas do 3º e último bloque do CambaLetras deste ano foron as seguintes: 
1. O autor ao que se lle dedica o Día  das Letras neste ano escribiu un poemario cun título que fai referencia a un tipo de nubes. Neste libro hai un poema que ten o mesmo título; localízao e copia os tres últimos versos.
“eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún soño.”
2. A que dramaturgo se lle dedicou moi recentemente o Día das Letras?
Roberto Vidal Bolaño
3. A que obra do autor homenaxeado en 1997 corresponde a CDU da nosa biblioteca N/FOL/ter?
Terra brava
4. De que autor, homenaxeado nos comezos da celebración do Día das Letras, son as “cousas” máis famosas da literatura galega?
Castelao
5. Que autora escribiu, xa hai moito, un poema denunciando o maltrato que sufrían os galegos que ían á sega a Castela? Indica tamén o título do poema.
Rosalía de Castro, “Castellanos de Castilla”

Xa sabedes que as respostas de cada equipo aparecen publicadas como comentarios na entrada das preguntas correspondente.


CLASIFICACIÓN DEFINITIVA ORDENADA POR MAIOR  PUNTUACIÓN

EQUIPO
PUNTUACIÓN POR PREGUNTA
TOTAL PARCIAL
TOTAL FINAL
1.     Tres nenos
0+5+4+5+5
19
67
2.     Medio limón
4+5+4+5+5
23
64
3.     O armadillo
Non responderon
0
48
4.     Equipo B
Non responderon
0
41
5.     Galeg@
0+5+4+5+5
19
41
6.     Lánzalo
0+5+4+5+5
19
39
7.     Manera
Non responderon
0
21
8.     As 3 galegas
Non responderon
0
14
9.     As principiantes
Non responderon
0
13
10.  GGRR
Non responderon
7
7
11.  Individual
Non responderon
0
0

Polo tanto, aínda que a clasificación foi bastante reñida, finalmente o equipo ganador é Tres nenos, formado por Adrián García Torres, Roi Guzmán Gómez e Alexander Iglesias Santandré de 1º de ESO. Parabéns!!!!

viernes, 6 de junio de 2014

jueves, 5 de junio de 2014

Boletín de lecturas para o verán

Este ano as suxestións de lectura véñennos das estrelas: os astrónomos len... e recomendan.
Aproveita o verán para navegar polo cosmos do cine e da literatura.

miércoles, 4 de junio de 2014

Crónica de Roma


O alumnado de 1º de Bacharelato estivo elaborando, por grupos, unha guía de viaxe sobre Roma debido a que o vindeiro curso van pasar unha estancia de cinco días nesta cidade e así xa levan elaborados os itinerarios que lles gustaría percorrer.


 Estas son as guías que elaboraron:



martes, 3 de junio de 2014

Extracción de ADN

Este venres fixemos no laboratorio de Bioloxía a práctica que nos suxeríu o profesor Ángel Carracedo. Foi un éxito de asistencia e, ao final, puidemos ver como dun puré de chícharos saían uns fíos brancos: o ADN vexetal. Aquí tedes a receita que podedes seguir se queredes repetir o experimento:


Aquí un breve vídeo:




 E aquí a galería de imaxes:

Extracción ADN - Movie Maker





lunes, 2 de junio de 2014

CambaLetras 2014: 3º bloque de preguntas

A continuación publicamos as 5 preguntas correspondentes ao 3º bloque (do luns 2 ata o venres 6 de xuño).
Lembrade que para respondelas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades dentro do prazo marcado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación co equipo ganador faranse públicas o domingo 8 de xuño.

As preguntas son as seguintes:



1. O autor ao que se lle dedica o Día  das Letras neste ano escribiu un poemario cun título que fai referencia a un tipo de nubes. Neste libro hai un poema que ten o mesmo título; localízao e copia os tres últimos versos.


2. A que dramaturgo se lle dedicou moi recentemente o Día das Letras?


3. A que obra do autor homenaxeado en 1997 corresponde a CDU da nosa biblioteca N/FOL/ter?

4. De que autor, homenaxeado nos comezos da celebración do Día das Letras, son as “cousas” máis famosas da literatura galega?

5. Que autora escribiu, xa hai moito, un poema denunciando o maltrato que sufrían os galegos que ían á sega a Castela? Indica tamén o título do poema.