jueves, 6 de marzo de 2014

Astronomía na beirarrúa... por fin!

Despois de varios meses pasados por auga, o señor Helios ten a ben deixarnos ver os seus raios. Para celebralo, puxémonos en contacto co profesor Salvador Bará e o vindeiro xoves 13 de marzo poderemos, por fin, celebrar a sesión de Astronomía na beirarrúa que tiñamos prevista… para xaneiro!



Xa sabedes que é unha actividade aberta a toda a comunidade educativa: trae os teus amigos e parentes e prepárate para espreitar os selenitas. 

Goza do anticiclón e bótalle una ollada ás estrelas.

Na Praza do Concello ás 20:30 horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario