jueves, 6 de febrero de 2014

Imitando a Manuel Antonio


Un 28 de xaneiro de 1930 morría o poeta rianxeiro Manuel Antonio con tan só 29 anos. En vida publicou unicamente un poemario, De catro a catro, escrito a bordo do barco  Constantino Candeira. Malia isto, sempre foi considerado un referente indispensable da poesía galega, mesmo antes de que vise a luz, aínda moi recentemente, a totalidade da súa obra. Un dos poemas máis célebres desa obra é o que reproducimos deseguido:

SÓS

Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós

Roubáronnos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

Roubáronnos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa d' o horizonte

Este oucéano destracou d' as costas
e os ventos d' a Roseta
ouretáronse ao esquenzo

As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d' o reloxe

Pero tamén sabemos a maniobra
d' os navíos que fondean
a sotavento d’ unha singradura

N' o cuadrante estantío d' as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d' o Mar
fixo d' o barco un cadaleito

Fume de pipa     Saudade
Noite    Silenzo    Frío
E ficamos nós sós
sin o Mar e sin o barco
nós.




O alumnado de 4º de ESO do IES Marco do Camballón, 84 anos despois, meteuse tamén a poeta, imitando, ao seu xeito e segundo os seus intereses -abofé ben distintos dos de Manuel Antonio!!-, o poema anterior. Para descubrirdes o que escribiron, desprazade o rato pola imaxe do poeta:

No hay comentarios:

Publicar un comentario