lunes, 25 de noviembre de 2013

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Esta semana estamos traballando nas aulas sobre a violencia de Xénero. Dende a Biblio repartimos unhas flores para commenorar o día Intenacional contra a Violencia de Xénero.
 
 

NEURONAS EN FORMA


Esta si que é unha boa noticia!
O pasado xoves 14 de novembro o noso observatorio detectou, no Camballón e arredores, unha impresionante concentración de neuronas con sinapses ben desenvolvidas.
Soaron todas as alarmas! E non era para menos...
Visitáronnos catro cabezas de primeirísimo nivel: estiveron entre nós dous astrónomos –Salvador Bará, da Universidade de Santiago de Compostela, e César González, do Instituto de Ciencias do Patrimonio– e dous arqueólogos –Felipe Criado, do Centro Superior de Investigacións Científicas, e Trond Lodoen, da universidade de Bergen, na distante e fría Noruega!
E que facían por aquí estes señores?
Extraviáronse nalgunha encrucillada? Pararon nas Cruces para tomaren un café?
Nada diso. Estes catro magníficos, especialistas todos eles en arqueoastronomía, viñeron para visitar as mámoas de Oirós, os monumentos megalíticos levantados polos nosos devanceiros, testemuñas das súas inquedanzas ao contemplar o ceo e os seus misterios.
A ciencia axúdanos a comprender o mundo; o noso patrimonio cultural axúdanos a comprendérmonos a nós mesmos.

Cóidao porque che pertence. 

E este xoves 28, a 4ª e 5ª hora, teremos no Marco do Camballón a Salva Bará para falarnos de astros e mitoloxía. 

viernes, 22 de noviembre de 2013

Concurso de Postais

Estas foron as postais que se presentaron ao concunso. A postal
gañadora foi a presentada pola alumna de 1º ESO Paula Pardo.
O premio será entregado o día 20 de decembro.
Parabéns.


miércoles, 20 de noviembre de 2013

Premio Cervantes 2013



Por cuarta vez nos 38 anos de historia deste galardón, o Cervantes recae nunha muller: a mexicana Elena Poniatowska. Nacida en París hai 81 anos e de pai polaco, destaca polo seu labor como narradora e periodista. Entre os seus títulos, subliñamos obras como La noche de Tlatelolco, Nada, nadie: las voces del temblor, Hasta no verte Jesús mío, La piel del cielo ou Leonora.

Este último título témolo na Biblioteca. Atoparalo na sección de Lingua Castelá co seguinte número de rexistro e etiqueta:
5594
N/PON/leo

viernes, 15 de noviembre de 2013

Magosto no Camballón


Hoxe foi o día do magosto e celebrouse tamén a festa da lingua no centro ca actuación estelar da Charanga do Camballón, o seu repertorio inclúe un cancioneiro tradicional.

Así daba comezo a actuación:




miércoles, 13 de noviembre de 2013

Premio Nacional de Teatro




Juan Mayorga foi galardoado este ano co Premio Nacional de Literatura Dramática pola súa obra La lengua en pedazos. Na nosa biblioteca temos un dos seus títulos que atoparás na sección de Lingua Castelá coa seguinte etiqueta:

T/MAY/chi

Se queres ampliar información sobre o autor preme aquí:

martes, 12 de noviembre de 2013

A ciencia en galego


Título: Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol.
Relator: Jorge Mira PerezDoutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade investigadora está centrada no estudo do magnetismo en sólidos e a nanotecnoloxía, e tamén no estudo de sistemas de falantes con idiomas en competición. Publicou numerosos traballos especializados en publicacións de prestixio e desenvolve un importante labor divulgador en libros, nos medios de comunicación ou do programa "ConCiencia" (USC), do que é responsable.
Páxina web: 
http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm
Sinopse: Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.
Destinatarios:  alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º
.

lunes, 11 de noviembre de 2013

A morte na Antigüidade III: Os descensos dos heroes ao Hades

A morte na Antigüidade II: Os condenados

A morte na Antigüidade

Monstros, esqueletos e ánimas en pena poboaban o mundo de Ultratumba que imaxinaron os antigos. Aquí tedes un traballo realizado por Alba López, Carla Castro, Mireya Otero, Tamara Soto, Alba Ramos e Miriam Lareu, alumnas de latín de 4ª de ESO,  no que nos achegan a ese terrorífico universo.


Para visualizar o contido interactivo, pon o cursor sobre a imaxe.

sábado, 9 de noviembre de 2013

Actividade dos departamentos de Música e Grego


O venres 25 visitounos o músico grego Jristos Malamás.



Recitounos poesía de Homero, de Safo e de Mesomedes de Creta. Mostrounos, ademais, moitos instrumentos cos que interpretou música tradicional grega.

Aquí tedes un vídeo no que un luthier turco constrúe un sazi como o que nos tocou Xristos.







viernes, 8 de noviembre de 2013

Concurso Semana de Bibliotecas Escolares

Hoxe sorteamos na biblio a triloxía Memorias de Idhún de Laura Gallego entre os participantes no concurso convocado para celebrar a Semana de Bibliotecas Escolares.
A maior participación deuse entre o alumnado de 1º e 2º de ESO e a lectura máis votada foi Con los ojos cerrados de Alfredo Gómez Cerdá.

Parabéns para o afortunado gañador Diego Medela!

lunes, 4 de noviembre de 2013

A creatividade galega non ten rival este ano!

Miguelanxo Prado, Premio nacional de Cómic 2013 por Ardalén.


Podes coñecer a súa obra buscando as seguintes signaturas na nosa biblioteca:

82-C/PRA/tra
82-C/PRA/str
82-C/PRA/man

Boa lectura a tod@s!