viernes, 20 de diciembre de 2013

Resumo da Gincana

GINCANA

No centro, vaise realizar unha Gincana entre o alumnado, organizada en 12 equipos. As probas son:
  • bolos
  • cifras
  • letras
  • quen é quen?
  • tirar da corda
  • tangrans
  • xogo da silla
  • recoñeces o monumento?
  • pañuelo

PREMIOS

Premio Postal 2013: Paula Pardo

Categoría A:

1º Premio: Carla Castro Pereira de 4º ESO por O Descubremento de Xénova
2º Premio: Javier Toubes Rego de1º ESO por O Apocalipse


Categoría B:

1º Premio: Noelia Dopazo Blanco de 1º BACH por Na procura da inmortalidade
2º Premio: Deserto







Parabéns aos vencedores!!!
E moitas grazas por participar.


jueves, 19 de diciembre de 2013

Concurso de relatos Eureka!


Ola a tod@s!

Aquí tedes os resultados do concurso EUREKA 2013:

Categoría A:

1º Premio: Carla Castro Pereira de 4º ESO por O Descubremento de Xénova
2º Premio: Javier Toubes Rego de1º ESO por O Apocalipse

Categoría B:

1º Premio: Noelia Dopazo Blanco de 1º BACH por Na procura da inmortalidade
1º Premio: Deserto

Parabéns aos vencedores!!!
E moitas grazas a tod@s por participar.
A Biblioteca deséxavos boas vacacións e un 2014 cheo de inventiva e creatividade!


martes, 17 de diciembre de 2013

Astronomía na beirarrúa

Mirando as estrelas
Como xa anunciamos, o profesor Salvador Bará estará de novo entre nós o vindeiro 2014. Esperamos a súa visita o día 10 de xaneiro para guiarnos nuhna sesión de observación do ceo. Se queres ver a superficie da lúa, os aneis de Saturno ou quizais a Estación Espacial Internacional acude ás 19:30 á Praza do Concello. Podes traer a todos os teus amigos e familiares: a actividade está aberta a todo o público.



Recorda que a contemplación dunha estrela é o máis parecido a unha viaxe ao pasado: a luz que ti estás recibindo agora emitiuse hai millóns de anos.
Sentirás a emoción de compartir algo cos teus ancestros, os construtores das mámoas: eles viron practicamente o mesmo ceo que podes ver ti.

Non faltes á cita e que a forza cósmica e o pó de estrelas te acompañen.


Dado que esta actividade se realiza fóra do horario lectivo, o centro non se fai responsable do alumnado, que deberá vir acompañado por nai, pai ou titor legal.

domingo, 8 de diciembre de 2013

ADEUS A NELSON MANDELA

Nelson Mandela


"A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo",

  N. Mandela. 



 ATA SEMPRE MADIBA!!

domingo, 1 de diciembre de 2013

Astronomía e mitoloxía

GRAZAS POLA VISITA!




O pasado xoves 28 de novembro visitounos Salva Bará, profesor de Óptica da Facultade de Física da USC, respondendo á invitación que lle fixeron o Club da Lingua e a Biblioteca.
Nunha entretida e interesantísima conferencia, coa súa posterior quenda de preguntas, díxonos, entre outras moitas cousas, que non só estamos feitos da mesma materia que os soños –como afirmaba Shakespeare– senón que, literalmente, a nosa orixe está nas estrelas, pois a maior parte dos átomos que conforman a materia (tamén a nosa) forxáronse no interior de astros que, ao estoupar, difundíronos polo espazo. 
Por desgraza, a absorbente atención que prestamos a todo tipo de aparellos de entretemento (dende a televisión ata as tabletas e os ordenadores) xa case nos impide levantar a cabeza e contemplar esa marabilla incomparable que é o ceo –e se atopamos ocasión de facelo, a contaminación lumínica que producen as vilas e cidades pode converterse, ás veces, nun obstáculo insalvable.
Desde logo, non era así para os nosos devanceiros, que construíron as mámoas –as de Oirós e tantas outras repartidas polo noso país– cos ollos postos no firmamento, orientadas polo xeral cara ao nacemento do sol no solsticio de inverno.
Pero no Camballón somos dobremente afortunados,
porque Salva Bará estará de novo connosco o vindeiro
VENRES 10 DE XANEIRO de 2014.
E non virá só, senón acompañado dos seus telescopios!
Queredes botar unha ollada aos camiños do universo?
Aquí estaremos, coa xanela aberta ao infinito.


Consulta aquí a noticia no Faro de Vigo