martes, 29 de octubre de 2013

Morre Lou Reed

Morre un mito do Rock & Roll: Lou Reed (1942-2013)


O pasado domingo 27 deixábanos unha das figuras máis sobresaíntes da escena do R&R, o neoiorquino Lou Reed. Sen este gran artista sería imposible entender a evolución da música popular urbana do século pasado: o glam, o punk e o rock alternativo son tres dos estilos nos que centrou a súa creatividade musical e poética. 
Lou Reed foi xunto a David Bowie, Iggy Pop e Andy Warhol un dos iconos da cultura pop máis ambigua e de vangarda dos anos 70. Foi o fundador da lexendaria  banda The Velvet Underground (1965-1970), a cal, unha vez disolta, deu paso a unha creativa etapa en solitario.

Algunhas das súas cancións máis salientables son "Walk on the Wild Side", "Perfect day"", "Sweet Jane", "Heroin" ou "Rock and Roll".


Aquí podes ler no diario "El País" o artigo publicado co gallo da súa morte

Para saber máis sobre a súa vida e a súa música entra neste enlace de wikipedia

lunes, 28 de octubre de 2013

O Samaín no Camballón





Lecturas para este tempo:



Premio Nacional Narrativa 2013



O escritor galego José María Merino obtivo o Premio Nacional de Narrativa 2013 pola súa obra  El río del Edén.



Parabéns!

viernes, 25 de octubre de 2013

Club de lectura


Na xornada de hoxe constituíuse o Club de Lectura Cambaleón do curso 2013-14. Debido ao gran número de participantes tivemos que reunirnos na aula Manuel Dobarro.


martes, 22 de octubre de 2013

Semana das Bibliotecas Escolares

Este ano queremos celebrar o Día Internacional das Bibliotecas invitándote a colaborar no blog “Abre os ollos”.
Gustaríanos que enviases un comentario a este post no que nos fales dunha lectura que che gustara especialmente,  indicando autor/-a e título da obra.



Entre todos os participantes sortearemos un exemplar de Memorias de Idhún de Laura Gallego. Para poder tomar parte no sorteo é fundamental que no comentario indiques o teu nome, apelidos, curso e grupo.

O comentario poderá enviarse ata o día 6 de novembro. O sorteo farase o día 8 de novembro ás 11:45 na Biblioteca.  
Moita sorte e grazas pola túa axuda.

miércoles, 16 de octubre de 2013

OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDO



O alumnado de 1º ESO asiste
hoxe a un obradoiro de técnicas de estudo.

Presentación do libro: Mámoas de Oirós. Lendas possíveis





Hoxe vai ter lugar na aula Manuel Dobarro a presentación do libro de Ramón Taboada Montoto "Mámoas de Oirós. Lendas possíveis"

martes, 15 de octubre de 2013

Premio Nobel de Física


        Nobel de física 2013


Entre os galardóns entregados este ano pola Real Academia de Ciencias Sueca, imos destacar o Premio Nobel de Física, outorgado a Robert Higgs e François Englert.




Estes dous científicos, británico e belga de 84 e 81 anos respectivamente, levan á  procura dunha  demostración válida da existencia do Bosón de Higgs desde 1964. E como acostuma suceder na investigación, quen a segue, conséguea!!

Neste vídeo tedes una breve explicación de que raios é  o “Bosón de Higgs” ou “partícula de Deus”


                    por que as “cousas” teñen masa?


Por certo, o da “partícula de Deus” debémosllo a un editor simpático que cambiou “The Goddamn particle” (a maldita partícula) por “The God particle”.



Bases concurso Eureka!

A BIBLIOTECA do IES “Marco do Camballón”

CONVOCA

EUREKA!

II CONCURSO de  RELATOS

Participantes: poderá tomar parte no concurso todo o alumnado matriculado no centro no curso académico 20132014.

Presentación: Cada participante poderá presentar, se así o desexa, ata dous relatos escritos en lingua galega. Nun sobre, introduciranse o relato, asinado cun pseudónimo, e un folio no que constarán os seguintes datos:

Pseudónimo
Nome e apelidos
Curso e grupo

Extensión: as obras presentadas non excederán as cinco páxinas a ordenador (arredor de 1200 palabras).

Temaos relatos deberán incluír algún aspecto científico, sexa como asunto principal ou ben como elemento secundario pero con incidencia na historia desenvolvida.
Poderase aludir a calquera especialidade científica (física, química, bioloxía, medicina, matemáticas, astronomía etc.).
Os/-as autores/-as terán plena liberdade para enfocar os seus relatos desde un punto de vista realista ou fantástico e para situalos en calquera marco temporal (pasado, presente ou futuro) e espacial.

Prazo: os relatos entregaranse na Biblioteca ata o venres 6 de decembro de 2013.
O resultado do concurso será publicado na Biblioteca o mércores 18 de decembro.

Premiosestablécense dúas categorías:
Categoría A: 1º, 2º, 3º e 4º de ESO
Categoría B: 1º e 2º de Bacharelato e Ciclo.
En cada categoría haberá un primeiro premio, dotado con 50 € e un segundo premio, dotado con 25 €. Ademais, os relatos gañadores serán publicados no blog Abre os ollos.

Ø  Os premios poderán ser declarados desertos no caso de non acadaren os relatos presentados un mínimo de calidade.

Ø  Se se constatase que un relato constitúe copia doutro, non será tido en conta.



Ánimo a todos e todas!


viernes, 11 de octubre de 2013

II concurso de relato breve


Eureka!




II CONCURSO de Relato breve


CONCIÉNCIATE E PARTICIPA!



Consulta as bases na biblioteca ou no blog Abre os ollos


Máis galardóns


E   o
NOBEL DE LITERATURA 2013
é para…

ALICE MUNRO



Coa escritora canadiense, nacida en 1931, son xa trece as mulleres galardoadas con este premio, sen dúbida o de maior prestixio no eido das letras universais.

Da súa obra, podemos ler en castelán case unha ducia de títulos:

Las lunas de Júpiter; El progreso del amor; Amistad de juventud; Secretos a voces; El amor de una mujer generosa; Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio; Escapada; La vista desde Castle Rock; Demasiada felicidad; La vida de las mujeres e Mi vida querida.

Na seguinte ligazón podes ler o seu relato "Radicales libres":


Parabéns, Alice.


miércoles, 9 de octubre de 2013

Premio Nacional de Poesía

Parabéns

Ao poeta galego
Manuel Álvarez Torneiro
que acaba de recibir o Premio Nacional de Poesía
pola súa obra Os ángulos da brasa.


Se queres coñecer a súa produción poética, busca as seguintes signaturas na nosa biblioteca:


P/ÁLV/hab
P/ÁLV/voc
P/ÁLV/luz
P/ÁLV/par