martes, 25 de junio de 2013

Visita de Manuel Gago

O mércores pasado visitounos Manuel Gago e  falounos de lendas, batallas, mámoas e illas misteriosas. Dedicounos, ademais, un exemplar da súa obra Herdeiros pola forza que atoparedes na biblioteca coa seguinte signatura:


93/AYÁ/her



viernes, 14 de junio de 2013

Xeometría Cálida

Desde a Biblioteca do IES Sánchez Cantón chéganos este traballo elaborado polo alumnado de 4º de ESO no que xeometría e arte se dan a man producindo este fermosísimo resultado.


jueves, 13 de junio de 2013

RUTA DO MOSTEIRO DE CARBOEIRO Á FERVENZA DO TOXA

O alumnado de 3º de ESO percorreron a ruta do Mosteiro de Carboeiro ata a Fervenza do Toxa rematando na área recreativa da Carixa onde recollen lixo.

miércoles, 12 de junio de 2013

miércoles, 5 de junio de 2013

Suxestións de lecturas para o verán

Este verán, mergúllate na lectura!

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe no IES Marco do Camballón celebramos o día Mundial do Medio Ambiente ca finalidade de promover o papel fundamental no cambio de actitude hacia temas ambientais e fomentear a cooperación para que o medio ambiente sexa sostenible e as persoas disfruten dun futuro máis próspero e seguro.
O alumnado estive arranxando o xardín que hai no patio.

O CAMBALEÓN VIAXA ÁS CIES

                                                                                O alumnado (1º ESO a 1º Bacharelato) que participou durante este curso no Club de Lectura CAMBALEÓN viaxa hoxe ás CIES.

lunes, 3 de junio de 2013

Crónica da viaxe a Londres

Viaxamos a Londres e así o contaron Noelia Dopazo, Lucía Blanco e Silvia Alonso. Unha viaxe para o recordo!
Aquí tedes a versión de Guerra, Salgueiro e Lorenzo E para rematar, a de Martín, Natalia, David, Louzao e Crisitian

Excursión con Celso Fernández


Aquí tedes algunhas das fotografías da excursión ás Mámoas do Camballón con Celso Fernández. Historia, historias, patrimonio e exercicio ao aire libre… Alguén dá máis?




CambaLetras 2013: equipo ganador

A organización do CambaLetras 2013 quere agradecer a participación de todos os equipos neste concurso e aproveitar xa para animarvos a presentarvos en sucesivas convocatorias.
Non obstante, neste momento o que procede, ante todo, é felicitar ao equipo RIMC (integrado por Raquel Mera, Iria Alonso e María Rey de 1º ESO-A) por resultar ganador do concurso cun total de 64 puntos. Os nosos parabéns!!!
O premio de 60€ será entregado no Festival de fin de curso.
Lembrade que se queredes facer calquera comentario ou suxestión sobre o concurso (ou aproveitar para felicitar ás vosas compañeiras) tedes á vosa disposición o apartado de comentarios desta entrada.

MENDEL EL DE LOS LIBROS

Escrito en 1929, Mendel o dos libros narra a tráxica historia dun excéntrico libreiro de vello que pasa os seus días sentado sempre á mesma mesa nun dos moitos cafés da cidade de Viena. Coa súa memoria enciclopédica, o inmigrante xudeu ruso non só é tolerado, senón querido e admirado polo dono do café Gluck e pola culta clientela que require os seus servizos. Con todo, en 1915 Jakob Mendel é enviado a un campo de concentración, acusado inxustamente de colaborar cos inimigos do Imperio austrohúngaro. Un breve e brillante relato sobre a exclusión na Europa da primeira metade do século xx.

domingo, 2 de junio de 2013

CambaLetras 2013: respostas ao 3º bloque de preguntas e clasificación definitiva



As respostas de cada equipo ao 3º bloque de preguntas aparecen publicadas como comentarios na entrada correspondente.
As respostas correctas  ao 3º bloque de preguntas  son as seguintes:
1. Con que obra do autor homenaxeado no ano 1964 se corresponde a rexistrada na nosa biblioteca co número 92?
Resposta:  Sempre en Galiza
2. Cales foron as tres mulleres homenaxeadas cun Días das Letras?
Resposta: Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño)
3.  O autor homenaxeado no ano 1989 escribiu un poemario cuxo título inclúe o nome da súa vila natal. Indica o título deste poemario e cantos exemplares del existen na nosa biblioteca.
 Resposta: Onde o mundo se chama Celanova; 2 exemplares
4. O autor de Da terra asoballada fala na súa última obra dun mosteiro de Lugo que ten nome de illa grega. Cal é o seu título?
Resposta: Samos
5. Cales son os dous símbolos máis característicos do dramaturgo ao que se lle dedica o Día das Letras este ano?
Resposta: O nariz de pallaso e o sombreiro

CLASIFICACIÓN DEFINITIVA ORDENADA POR MAIOR  PUNTUACIÓN

EQUIPO
PUNTUACIÓN POR PREGUNTA
TOTAL PARCIAL
TOTAL FINAL
1.     RIMC
5+5+5+5+0
20
64
2.     Vagalumes
5+5+5+5+0
20
55
3.     Equipo A
5+5+5+5+0
20
55
4.     As nenas de ouro
5+5+5+0+0
15
50
5.     Cruces
5+5+5+5+4
24
39
6.     Os salmonetes
Non responderon
18
37
7.     Miss Carrusel
Non responderon
19
34
8.     Los vagos
0+5+0+4+0
9
33
9.     Rubidosa
Non responderon
9
14
10.  Desilusionadas
Non responderon
9
9
11.  Terminneitors
Non responderon
0
0
12.  SN Súper
Non responderon
0
0
13.  Os fornidos
Non responderon
0
0
14.  Os coellos
Non responderon
0
0
15.  O mellorciño
Non responderon
0
0
16.  Miami DDJ
Non responderon
0
0
17.  DAN
Non responderon
0
0
18.  Bob Esponxa
Non responderon
0
0
19.  As pintamonas
Non responderon
0
0
20.  Antilectuales
Non responderon
0
0

Polo tanto, o equipo ganador do CambaLetras 2013 é RIMC. Parabéns!!
Mañá publicaremos unha entrada como máis detalles sobre os integrantes do grupo e a entrega do premio.