miércoles, 24 de abril de 2013

LOS MORADORES DE LA NOCHE

Ignacio Charrán é un novo xornalista que recibe un importante encargo: visitar no Congo á doutora Wickedwhole, unha recoñecida zoóloga. Pero a muller móstrase pouco colaboradora co seu entrevistador e prohíbelle o acceso a parte da súa casa-laboratorio. O máis estraño ocorre polas noites, cando á xanela de Ignacio asómase un estraño ser ao que apenas entrevé na escuridade. Disposto a pescudar o que ocorre, a última noite da súa estancia na casa decide perseguir a esa cousa e entra no laboratorio prohibido. A partir de aí, non lembra nada e repite dúas palabras unha e outra vez: O horror! O horror!

No hay comentarios:

Publicar un comentario