lunes, 8 de abril de 2013

LAS HORAS DISTANTES

Comezou cunha carta. Unha carta que levaba extraviada moito tempo, esperando durante máis de medio século nunha saca de correos esquecida no escuro faiado dunha anodina casa de Londres.
Edie Burchill e a súa nai nunca estiveron o que se di unidas. Pero un domingo pola tarde chega á súa casa unha carta, perdida hai tempo, co remite de Milderhurst Castle, en Kent (Inglaterra), e Edie empeza a pensar que a frialdade da súa nai oculta un antigo segredo.
Durante a Segunda Guerra Mundial, a nai de Edie foi evacuada de Londres e acollida pola misteriosa Juniper Blythe en Milderhurst Castle, onde vivía coas súas irmás xemelgas e o seu pai, Raymond, autor do clásico infantilLa verdadeira historia do Home de Barro. O espléndido e enorme castelo móstralle un novo mundo no que descobre a fantasía e o pracer dos libros, pero tamén os seus perigos.
Cincuenta anos máis tarde, cando Edie busca as respostas ao enigma da súa nai, sente atraída por Milderhurst Castle, onde, xa anciás, as excéntricas xemelgas e Juniper viven aínda.
No xa ruinoso castelo, Edie investiga o pasado da súa nai. Pero hai outros segredos escondidos entre os seus muros, e Edie está a piques de pescudar máis do que esperaba. O que realmente sucedeu nas horas distantes ha estado agardando moito tempo a que alguén o desvelase.
Cun estilo cativador e unha elegante maneira de narrar que nos remitea Dickens, as irmás Brönte e Jane Austen, Kate Morton dá unha volta de porca á novela clásica victoriana para mergullarnos nunha trama absorbente e compor un quebracabezas tan fermoso como brillante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario