lunes, 15 de abril de 2013

LA FUERZA DE EXISTIR

Onfray é o académico que sae á rúa para dicirlle ao mundo: a historia do pensamento que vos contaron é só a máis conveniente á serenidade dos poderosos. Ao idealismo de Platón, dos Pais da Igrexa e de Kant oponse outra liña que non ve o corpo e o pracer como un obstáculo para o coñecemento, senón todo o contrario. No primeiro capítulo, o filósofo preséntase en carne viva: «Falecín á idade de dez anos...» É o momento en que ingresa no orfanato. Os tormentos daqueles anos mostran como o corpo do filósofo é a matriz e a materia de que están feitas as ideas. Nietzsche é a figura tutelar desta contrafilosofía, pero tamén Montaigne, Pascal, e mesmo Descartes. Nas dúas palabras que integran o subtítulo desta obra, Manifesto hedonista, está o programa do labor que Onfray vén realizando. «Manifesto» pola súa potencia política e «hedonista» pola súa reivindicación do potencial liberador do pracer e da necesidade de romper coa tradición que nos fixo crer que o mundo material non cabe no ceo das ideas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario