lunes, 22 de abril de 2013

FEDERICO PÉREZ NO CAMBALLÓN


Federico Pérez, coñecido polos seus papeis en series de televisión como Era Visto ou Air Galicia e Tourilandia, e obras de teatro como O florido pensil, visitará o próximo luns o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. A actividade forma parte da programación do Clube da Lingua, Equipo de Normalización da Lingua, e o actor falará sobre a relación entre língua, humor e a sua propia experiencia profesional. O actor, que participou en campañas sociais a favor da nosa lingua, compartirá as súas ideas e o seu humor co alunado do instituto crucense do mesmo xeito que fixo a semana pasada o debuxante de banda deseñada Manel Cráneo que visitou o centro para falar da súa obra e da relación entre a nosa língua e o mundo do cómic, no que Galicia é unha potencia internacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario