jueves, 4 de abril de 2013

CLASES SEN FUME

O alumnado de 1º e 2º  ESO participan hoxe nunha charla de CLASES SEN FUME que terá lugar na aula Manuel Dobarro. É un concurso europeo para a prevención do tabaquismo dirixido a escolares  (mozos e mozas de 12 a 14 anos de idade).
 A competición baséase
  • no compromiso colectivo de toda a clase e o seu educador/a de manterse sen fumar durante un período de 6 meses consecutivos durante o curso escolar
  • na responsabilidade e confianza mutuas de todos eles
  • e no desenvolvemento dunhas actividades na aula
As clases que conseguen chegar ao final da competición optan a varios premios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario