O vento e a corrente levaron mar adentro a chalana
na que Miro quedou durmido. Cando espertou, o mozo comprendeu a súa
situación de náufrago desorientado que, mentres agardaba ser rescatado,
notaba o estómago máis e máis encollido. Tras dous días e as súas longas
noites loitando contra a sede, cando preparaba a súa cana para unha
nova lanzada, algo lle chamou a atención no horizonte. Aló, na parte
máis baixa do ceo, confundíndose coas nubes, pareceulle ver terra.
Aquilo fixo que Miro anovase a confianza no futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario