miércoles, 13 de marzo de 2013

PERSÉPOLE

PERSÉPOLE é a historia autobiográfica da iraniana Marjane Satrapi, a historia de como creceu nun réxime fundamentalista islámico que a acabaría levando a abandonar o seu país. O cómic empeza a partir do ano 1979, cando Marjane ten dez anos e desde a súa perspectiva infantil é testemuña dun cambio social e político que pon fin a máis de cincuenta anos de reinado do Xa de Persia en Irán e dá paso a unha república islámica. Ademais de diferenciarse dos demais nenos por ser educada ao estilo occidental dentro dunha familia de clase alta e por uns pais partidarios do islamismo moderado, ?Marji? (como a coñeceremos ao principio da historia) tamén ten unha considerable inquietude intelectual para unha nena da súa idade e notable imaxinación que a leva a manter conversacións con Deus -ao que atopa un curioso parecido con Karl Marx- ou soñar con chegar a ser algún día o última profeta que siga os pasos de Jesús e Mahoma. A historia duns antepasados ilustres (o seu bisavó foi o último rei da dinastía persa dos Qadjar), unha familia que se opón activamente ao goberno do Xa, as manifestacións, a diferenza de clases sociais ou a marxinación da nena son algunhas das pezas do quebracabezas que Marji esfórzase por compor coa intención de comprender o mundo que a rodea. Á vez que vai crecendo, Marjane dáse conta de que o novo réxime islámico polo que loitaron os seus pais caeu en mans dos integristas e que non trae consigo nada bo. Neste punto acaba a historia do primeiro do catro álbums que compoñen Persépolis. O segundo ocupa o período de 1980 a 1984 e terá como transfondo a guerra entre Irán e Iraq a metade do oitenta, o terceiro álbum relata o período en que emigra a Austria de 1984 a 1989 e o cuarto e último presentará o seu regreso a Irán, unha época en que realiza os seus estudos de belas artes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario