lunes, 10 de diciembre de 2012

LAS LÁGRIMAS DE SHIVA

En certa ocasión, fai xa moito tempo, vin unha pantasma. Si, un espectro, unha aparición, un espírito; podemos chamalo como queiramos, o caso é que o vin. Ocorreu o mesmo ano en que o home chegou á Lúa e, aínda que houbo momentos nos que pasei medo, esta historia non é unha novela de terror. Todo comezou co misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas: As bágoas de Shiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario