martes, 18 de diciembre de 2012

LA LECTURA A ESCENA

O meu obxectivo primordial nesta obra-di a autora-non é outro que ofrecer a pais e mestres un tipo de lectura que lles axude a fomentar hábitos lectores entre fillos e alumnos. Para tal fin, bastoume a experiencia de observar como os alumnos de todas as idades, buscan e len textos nos que prevalezan diálogos, poemas, etc.; algo, por outra banda, nada novo pero que non se ten demasiado en conta á hora de promover dinámicas lectoras.
De aí a oferta desta obra na que a lectura de cada breve narración soporta, case exclusivamente, diálogos e poemas nos que prevalece o sentido do humor, tan bo estimulante para os pequenos. Tamén se promoven valores transcendentes e necesarios para a convivencia.
O fin da lectura-segue dicindo a autora-é lograr a comprensión e, para iso non é preciso establecer maratóns e competitividades, senón, sinxelamente, ler e entender. Por iso é polo que os textos teñan que ser necesariamente desencadenamentos de ilusión, gusto, pracer pola lectura. Os nenos deben acceder a ela por incitaba propia e nunca por imposición. Os contos, escenificacións e propostas que forman o conxunto desta obra levan os ingredientes necesarios para lograr tales obxectivos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario