martes, 2 de octubre de 2012

O BEBEDOR DE RAKIA

Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo difícil á súa cuñada Chelo. O futuro de Alberte está en xogo, despois de estar cas tropas de misión na guerra de Bosnia como soldado profesional, fai 15 anosl, está no cárcere. A Alberte abríulle unha ferida: a fame, a sucidade, o frío, o alcohol, a crueldade, a brutalidade, a violencia, a morte. Dende que regresou daquel inferno, Alberte converteuse nun auténtico alieníxena, contrario a todo sentimento. Dende entón, lembrar é a súa única manifestación de valentía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario