lunes, 1 de octubre de 2012

A CASA DA LUZ

Neste libro de Xabier P. Docampo nárrase a historia de Alicia,  unha rapaza moi traste e que lle gustao saber,  coñecer e  experimentar. Cando Alicia e os seus amigos, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer de Alicia levará a panda a amigarse con Pumariño que vivía nunha casa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios… Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só se pode albiscar do outro lado dos cadros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario