viernes, 22 de junio de 2012

SEXO, LINGUA E ROCK´N ROLL no Marco do Camballón

O Clube da Lingua do IES Marco do Camballón e o Festival Novo Cruceiro Rock presentarán este venres 22 de xuño, no Festival da Lingua do instituto cruceño, o libro cooperativo Sexo, lingua e rock´n. O volume foi elaborado por alumnado, exalumnado e profesorado do centro e conta con textos de xente vinculada á comarca, como a xornalista Belén Regueira ou a poeta Iria Anido Pedreira. Tamén participan no libro creadores como O Leo e Arremecaghona ou Vituco Neira, cantante de Ruxe Ruxe.
Xente Nova de Vila de Cruces

O libro supón a saída á luz pública dunha nova xeración de escritores e escritoras, como os exalumnos Vítor Pinheiro, Irene Portas, Juan Salgado, César Gúzman ou Álex Fiúza, que publican os seus primeiros textos literarios ao lado de escritores como Séchu Sende, profesor no instituto, ou Iria Anido, autora do poemario "Cambio de estrela". As alumnas Lina Iglesias, Natalia Santiso, Belén Quinteiro. Noelia Casal e Isabel Carmoega participan con textos que xiran en torno aos temas do libro: a lingua, o sexo e o rock´n roll.


O libro preséntase como "un proxecto dun grupo de xente nova que está a construír a súa vida desde a creatividade e o inconformismo, xente que cre na capacidade das palabras para cambiar as cousas, para cambiar o mundo".

No hay comentarios:

Publicar un comentario