miércoles, 23 de mayo de 2012

HERMANO LOBO

Fai miles de anos, un neno chamado Torak vive feliz no bosque, até o día en que un oso xigante ataca e fere o seu pai. Moribundo, este ordénalle que se dirixa ao Norte para atopar a Montaña do Espírito do Mundo, antes de que apareza no ceo a Lúa do Salgueiro Vermello. Pero Torak só ten doce anos, descoñece que camiño tomar e non pode acudir a ninguén en busca de axuda. Con todo, perseguido polo enorme oso, o neno emprende a viaxe acompañada dun lobezno que atopou á beira dun río. Pronto se unirá a eles Renn, unha nena pertencente ao Clan dos Corvos, e xuntos vivirán excitantes e perigosas aventuras que porán a proba o seu valor, a súa habilidade como cazadores, a súa intelixencia e a súa nacente amizade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario