viernes, 20 de abril de 2012

INDIGNAOS!

Stéphane Hessel convida sobre todo aos mozos a desperezarse e a cambiar a indiferenza por unha indignación activa, pola «insurrección pacífica». Hessel logrou sobrevivir á tortura e a deportación no campo de concentración de Buchenwald e, en 1948, formou parte do equipo internacional redactor da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Hoxe, aos seus 93 anos este venerable veterano da Resistencia contaxiou a súa mensaxe de esperanza e de rebeldía a millóns de lectores aos que convida a «non claudicar nin deixarse impresionar pola ditadura actual dos mercados financeiros que ameaza a paz e a democracia», porque «xa é hora de que a preocupación pola ética, pola xustiza, polo equilibro duradeiro prevalezan».



No hay comentarios:

Publicar un comentario