martes, 15 de noviembre de 2011

EMAÚS


É a historia de catro adolescentes que viven nun espazo e un tempo indeterminados pero que remiten vagamente a unha cidade do norte de Italia nos anos setenta. Pertencen á clase media e son profundamente católicos. A aparición de Andre, unha moza que procede dun mundo moi distinto (de clase alta e costumes liberais), vai actuar como catalizador dunha crise que suporá o derrube de todas as súas certezas. Ata entón, foron mozos cheos de grandes palabras (amor, desexo, dor, morte...) cuxo auténtico significado, no fondo, descoñecen. Inxenuamente, cren ser incapaces de vivir a traxedia, familiarizados como están co drama doméstico menor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario