viernes, 25 de noviembre de 2011

APASIONADA

Baseada nun personaxe real, é a historia de Elisabeth Hardwick, unha bela e ambiciosa plebeia que chega a ser dama de honra da Raíña Isabel I de Inglaterra. A moza Elisabeth xurara deixar atrás a pobreza. Consegue un traballo na casa dunha adiñeirada nobre londiniense, que lle permite mergullarse nun mundo novo e excitante de ricos e privilexiados.
Pronto coñecerá a personaxes atractivos e poderosos, e fará amigos e tamén inimigos nunha sociedade relumbrante e desapiadada: o sedutor William Cavendish, ambicioso consultor financeiro da corte; o adorable e bondadoso Robert Barlow, o respectuoso aristócrata William St. Loe e George Talbot, un aposto herdeiro cuxa audacia esperta en Elisabeth unha paixón irresistible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario