martes, 7 de junio de 2011

SÉ LO QUE ESTÁS PENSANDO

Un home recibe unha carta que lle urxe a pensar nun número, calquera. Cando abre o pequeno sobre que acompaña ao texto, seguindo as instrucións que figuran na propia carta, dáse conta de que o número alí escrito é exactamente no que pensara. David Gurney, un policía que despois de 25 anos de servizo retirouse ao norte do Estado de Nova York coa súa esposa, verase involucrado no caso cando un coñecido, o que recibiu a carta, pídelle axuda para atopar ao seu autor con urxencia: o que en principio parecía pouco máis que unha chantaxe acabouse convertendo nunha ameaza contra a súa vida. Gurney deberá desentrañar o misterio de como este criminal parece capaz de ler a mente das súas vítimas en primeiro lugar, para poder relacionalo con casos parecidos do pasado e chegar a establecer o patrón que lle permita atrapalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario