jueves, 2 de junio de 2011

LIXO

Fogar refuxio, fogar cárcere, rúa fogar. Confortable liberdade coutada na casa ou arriscada liberdade sen teito asegurado. Expulsada do gris paraíso familiar, a protagonista de Lixo vese na obriga de enfrontar o inferno exterior, onde a despensa está nos contedores de refugallos, coas armas que ten en cada momento. Armas como a voluntaria opción de facerse pasar por home para merecer un mínimo respecto que, como muller, lle furtarían os habitantes da xungla urbana. A rúa permítelle coñecer a verdadeira amizade, condénaa despois a sufrir a dor da perda e regálalle por fin, de xeito impensado, unha esperanza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario