martes, 14 de junio de 2011

HOMBRES

Describe vinte e catro horas na vida de dous ex combatentes da guerra de Alxeria que viven nun pobo de Francia. Un, Rabut, soporta unha existencia en aparencia normal. O outro, Bernard, é un borracho desprezado por todos os seus parentes. Un episodio banal e cotián abrirá as portas do recordo, celosamente gardado até entón, e permitirá a entrada dun pasado infame e vergoñoso que eles e moitos franceses preferirían esquecer. Homes é a historia do silencio duns veteranos xa sesentones que fixeron o servizo militar obrigatorio en 1960 nun país estranxeiro, nunha colonia que trataba de manter o prestixio da metrópole custe o que custe, sen saber por que estaban alí e, sobre todo, sen saber para que. Eles foron testemuñas da crueldade do enfrontamento, da inhumana humanidade dun e outro bando, do derramamiento de sangue inútil, e hoxe prefiren gardar silencio, afogarse na súa propia traxedia porque o horror en última instancia é incomunicable. Organizada como un cruzamento de voces subxectivas e centrada nas vivencias actuais e nos recordos de Rabut, Bernard, Février e outros (aínda que o monólogo interior de Rabut engloba o dos demais personaxes), Homes, do mesmo xeito que outras novelas do autor, conxuga o discurso de carácter intimista co soliloquio nervioso, elíptico e fragmentario para reflectir mellor a desorde interior duns individuos torturados polas circunstancias persoais e históricas en que están inmersos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario