jueves, 28 de abril de 2011

VENGANZA EN SEVILLA

Sevilla 1607. Catalina Solís levará a cabo a súa gran vinganza nunha das cidades máis ricas e importantes do mundo, a Sevilla do século XVII. Catalina cumprirá así o xuramento feito ao seu pai adoptivo de facer xustiza aos seus asasinos, os Curvo, donos dunha fortuna sen igual amasada coa prata roubada nas Américas. A súa dobre identidade-como Catalina e como Martín Ollo de Prata-e un enorme enxeño fanlle deseñar unha vinganza múltiple con distintas estratexias que combinan o engano, a sedución, a forza, a sorpresa, o duelo, o medicamento e o xogo, sobre un profundo coñecemento dos costumes daquela sociedade. Na súa arriscada aventura infestada de perigos e emocións, a Catalina acompáñana algúns amigos de Terra firme e os seus novos cómplices, uns pícaros sobreviventes, dispostos a dar a súa vida unha e outra vez por personaxe tan lendario e de vida tan extraordinaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario