jueves, 28 de abril de 2011

Cantando a Lois Pereiro


Como xa sabedes, este ano está dedicado á figura de Lois Pereiro. Desta volta deixámosvos o texto dun poema que Leticia, Bran e Javier converteron nesta estupenda canción.





Os erros cometidos na vida a contrafío
leváronme a perder unha vez máis
definitivamente e sen pesar
todo o que tiña dado por perdido.
Metástase invasiva ou obsesión
daquel amor tal vez mal entendido
non foi a covardía ou o egoísmo
o móbil que alentou a miña idea
de convocar en min este desastre
que derruíu comigo o mal causado.
E intento demorar o erro definitivo
nun lento naufraxio
xa vivido
porque esta fatigada ruína namorada
prepárase a sufrir outros distintos
asumindo a caída xa pactada precipitándose neses inofensivos erros desexados
obviando o remuíño que me leva
nas espirais da nada.

Lois Pereiro: Poesía última de amor e enfermidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario