lunes, 28 de febrero de 2011

EL ORIGEN DE LAS ESPECIES



Charles Darwin, nesta obra de 1859, presenta a súa teoría da evolución natural que, pasados ciento cincuenta años, continúa sendo a base da interpretación da natureza da bioloxía moderna. O libro tivo un gran éxito dende a súa primera edición, suscitou grandes polémicas e influíu a toda a sociedad…

viernes, 25 de febrero de 2011

FUTURO IMPERFECTO


Este libro de Xulia Alonso Díaz (A Rúa, 1961), conta a historia dos anos da droga como espello libertario dunha xeración, a da autora, que sentiu o alustro dun novo tempo, no transo da ditadura a unha aira aberta onde todo era posible e todo estaba por facer. A mocidade sufreu os envites do VIH. Apandaron co peor, o oprobio social, a vergoña, o descoñecemento da doenza, a experimentación nos tratamentos… Tiveron que pasar tres décadas para lermos esta historia, pero aquí está. Conmovedora, única, tan grande como a vida.

miércoles, 23 de febrero de 2011

NO NOME DA AMADA MORTA


Neste cómic de Fausto,Méndez y Malvar a detective Simón Martel enfróntase a un novo caso. O científico Vladimir Smérdiakov, supostamente preso no cárcere de San Quentiño, mercou unha fábrica de conservas arruinada e converteuna nun laboratorio no que primeiro experimenta manipulando xeneticamente animais, creando sardiñas de dúas cabezas, polbos con dentes... ata conseguir finalmente clonar persoas, creando mesmo varios clons de si mesmo. Unha antiga bióloga da fábrica guía a Sam Espada ata a fábrica, onde descobren replicas dos traballadores e do propio profesor Smer.
Ata que Simón descobre todo e a fábrica acaba autodestruíndose. Pero non o perigoso Smer...

martes, 22 de febrero de 2011

FLORES DESDE HIROSHIMA

Este é o novo cómic do que dispoñemos na biblioteca e aqui vos tedes un adelanto...

ROCAS Y MINERALES


Guía visual dos tesouros naturais da terra que describe os orixes das rochas, xemas, minerais e fósiles da terra. Revélase a beleza e a súa utilización na actualidade

lunes, 21 de febrero de 2011

CONCURSO DE DISFRACES


A Biblioteca convoca a toda a comunidade educativa a participar neste concurso que se celebrará o
4 de marzo.
Os disfraces poden ser individuais e en grupo e premiarase a creatividade e orixinalidade.
Apúntate, participa e que... a cabeza non pare !!!

GUÍA DE LOS HONGOS


Esta práctica guía de campo presenta máis de 1000 especies de hongos ( nome común e científico, valor culinario, caracteres, hábitat, confusións posibles, efectos tóxicos...

viernes, 18 de febrero de 2011

A INTERVENCIÓN


Un pianista retirado, unha dermatóloga e o seu fillo (estudante universitario) e unha profesora na facultade de Historia reúnense para constituíren un comando artístico. O seu obxectivo é levar a cabo unha performance un tanto particular, a medio camiño entre a creación estética e a toma de conciencia política. Instalados ao pé das montañas do Courel, este grupo de rebeldes pretende sensibilizar a cidadanía cunha intervención que enlace arte e natureza. Mentres levan a cabo o seu plan, a chegada inesperada dunha psiquiatra vienesa, obrígaos a rexistrar por escrito as súas actividades clandestinas. Nos seus diarios, os membros do grupo van dando as súas versións, que conforman unha historia colectiva.

jueves, 17 de febrero de 2011

RANDEA DO ALENTO


Herta Müller relata a historia de Leo, un mozo de dezasete anos, obrigado a abandonar a súa vila. É unha dolorosa travesía das súas lembranzas, forma parte dunha minoría alemá, instalados en Romanía en tempos do Imperio Austríaco.

miércoles, 16 de febrero de 2011

EL ABANICO DE SEDA


Este libro de Lisa See conta que nunha provincia de China, as mulleres crearon unha linguaxe,nu shu, para comunicarse libremente. Así nace a amizade entre Lirio Blanco e Flor de Neve. O nu shu serviralle para compartir pensamentos, emocións, penalidades do matrimonio e da maternidade... estarán así unidas ata que un erro de interpretación ameaza con romper a profunda amizade.

martes, 15 de febrero de 2011

CARTAS AL REY

En plena Idade Media, Tiuri, un mozo de 16 anos, fixo méritos para ser nombrado cabaleiro do rei Dagonaut. A noite anterior deste acontecemento incumple as normas que se establecen para esa noite ( non falar, non moverse do lugar ou non facer caso dos ruídos raros) e atende a unha persoa que lle pide axuda para que lle dea ao Cabaleiro Negro do Escudo Blanco unha carta destinada ao rei Unawen.


Cando Tiuri localiza a este Cabaleiro, está agonizando e acepta entregar el a carta. Tras vivir múltiples e perigosas aventuras, Tiuri descobre o contido da carta. Poderá Tiuri finalmente entregar a Carta o seu destinatario? Será nombrado Cabaleiro?

lunes, 14 de febrero de 2011

DILLO EN GALEGO















San Valentín repartiu no noso instituto máis de 1000 cartas e 100 rosas.
Parabéns para os/as afornatunados/as.

CUPIDO SUXIRE ...



viernes, 11 de febrero de 2011

A OBRA: "PAYASOS EN PELIGRO"

O alumnado de 1º ESO disfrutaron no día de hoxe desta obra teatral co obxectivo de reflexionar sobre os riscos que corren se non respectan as medidas básicas de seguridade vial. Aqui tedes unha mostra do que viron.

O IMPOSIBLE DE DESATAR



A Editorial Galaxia publica a obra de Iván García Campos, unha novela que conta a historia dunha familia na Galicia de hoxe.
Esta novela foi premio Blanco Amor do 2010.

jueves, 10 de febrero de 2011

DEZ

Esta novela de Andrej Longo retrata as múltiples e dolorosas situacións límite que teñen lugar nos suburbios de poles. Un microcosmos enfermizo, con especulacións atroces e esperanzas truncadas, onde as primeiras leis de convivencia humana aparecen subsistir a modo de mera burla cruel.

miércoles, 9 de febrero de 2011

PERIFERIA


Luciana e Brown unen os seus destinos nas favelas de Sao Paulo. Alí na periferia desordenada transcorre esta historia da vida urbana no século XXI.
Premio Xerais 2010, onde Iolanda Zúñiga creou un universo narrativo contundente, denso, moderno e actualísimo co que se atreveu a construír unha novela do século XXI. Con constantes referencias á música, á cultura popular e de masas, á publicidade, ao cine, ao fútbol...

martes, 8 de febrero de 2011

O BOSQUE DO ALÉN DO MUNDO




Este libro de William Morris narra a historia de Walter El Dorado que decide escapar dunha vida chea de frustacións e disfrutar de sorprendente e apasionantes aventuras noutra terra lonxana onde viven personaxes curiosos.

lunes, 7 de febrero de 2011

A CASA NO CONFÍN


Novela de William Hope que narra a historia de dous mozos que viaxan a un pobo de Irlanda. Nun dos seus paseos desvíanse do seu itinerario chegando a un lugar un tanto estraño onde se respira medo e angustia. Descubren nas ruínas dunha casa un manuscrito con relatos escalofriantes.

jueves, 3 de febrero de 2011

CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA, ODISEA 2011


O alumnado de latín do IES está a participar esta semana neste concurso on-line organizado pola Delegación Galega da SEEC (Sociedade Española de estudos Clásicos).
O obxectivo é contestar certo número de preguntas sobre diversos aspectos da antigüidade grecorromana. Non se trata de mostrar coñecementos (que nunca sobran) senón de manexar as diferentes fontes de información para atopar datos.
Os tres primeiros días tiveron que contestar tres preguntas e no día de hoxe os distintos equipos enfróntanse ó preguntón (unha serie de preguntas-pistas para descubrir a resposta final.
Do noso IES participan tres grupos: FILLOS DE SATURNO, ASPASIAS e AS ERINIAS.Se superan con éxito o reto do preguntón, que saberemos mañá, pasarían á final galega que terá lugar o próximo mércores pola tarde.
..............................................MOITA SORTE

miércoles, 2 de febrero de 2011

ODA A PACIFICACIÓN


No sé hasta dónde irán los pacificadores
con su ruido metálico de paz,
pero hay ciertos corredores de seguros
que ya venden pólizas contra la pacificación.
También hay quienes reclaman la pena de muerte
para los que no quieren ser pacificados.

Cuando los pacificadores apuntan, por supuesto, tiran a pacificar.
Y a veces hasta pacifican dos pájaros de un tiro.

Está claro que también hay necios
que se niegan a ser pacificados por la espalda...

O hay estúpidos que resisten
a la pacificación a fuego lento.
En realidad somos un pueblo tan peculiar
que quien pacifique a los pacificadores buen pacificador será.

MARIO BENDETTI

martes, 1 de febrero de 2011

EXPOSICIÓN

PROPOSTAS PARA TRABALLAR A PAZ DENDE OS MEDIOS AUDIVISUAIS