viernes, 15 de octubre de 2010

O GRITO DE IPIRANGA



Nemesio Castro colabora coa Secretaría de Estado do Goberno na raíña Isabel II e vai voltar de Brasil, onde é un home de boa posición social, para participar nunha espionaxe política no Norte de África.

miércoles, 13 de octubre de 2010

LA SEGUNDA VIDA DE BREE TANNER




Este libro de Stephenie Meyer, autora da saga Crepúsculo.

Bree Tanner é unha vampira (introducida en Eclipse) e conta como é a súa corta pero interesante vida.

lunes, 11 de octubre de 2010

THE ROAD



Inquietante libro de Cormac McCarthy. Esta novela apocalíptica narra o vagar dun pai co seu fillo por unha terra destruida e asolada, equipados cuns fortes instintos de supervivencia. Esta obra foi galardoada co premio Pulitzer 2007. McCarthy é autor tamén na novela "Non é país para vellos" en cuxa versión cinematográfica destacou a interpretación de Javier Bardem, pola que obtivo un merecido Óscar.




A adaptación da novela é a película que leva o mesmo nome e aqui vai un adianto...

viernes, 8 de octubre de 2010

POR FIN ARRANCA O CLUB DE LECTURA



Se queres deixar voar a túa

imaxinación,

a Biblioteca invítate a facelo no Club de

Lectura CAMBALEÓN. APÚNTATE XA!!!

XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE



Este libro de Mar Guerra , Premio Merlín 2008, conta a historia da chegada dun alumno a un cole por primeira vez. Este rapaz chámase Xenaro e polas súas aficcións poderíase considerar un bicho raro. Unha historia fascinante que podes descubrir.

jueves, 7 de octubre de 2010

PREMIO NOVEL DE LITERATURA 2010



Mario Vargas Llosa, autor peruano de títulos como: Los jefes, La huída del Inca, El desafío, La ciudad y los perros, La casa verde, Los cachorros, Conversación en la Catedral, Carta de batalla por Tirant lo Blanc, Contra viento y marea, La fiesta del chivo, La guerra del fin del mundo ...
logra por fin o PREMIO NOVEL de literatura 2010
ESTES FORON OS SEUS ANTECESORES EN LINGUA CASTELÁ





Aqui recollemos un percorrido pola súa vida


SETTECENTO


Este libro transpórtanos ao século XVIII, a cidade de Venecia da man de Antonio Vivaldi.
Se queredes podedes comprobar que se agocha detrás da máscara... máis de un/unha levará unha sorpresa.

NUNCA TE VIN CHORAR




Neste libro recóllese a historia de Wilson Valderrama, unha persoa de acción, entregado aos demais, empeñado en elaborar un proxecto de transformación social.
A súa vida transcorre entre Alemania e Colombia, e a historia esta narrada por Pastora, Gloria Inés e o propio Wilson. Pero mellor que no lo conte o autor desta obra

Miguel Suárez Abel






A CRIPTA DO APÓSTOLO



Nesta novela nárrase como un grupo de compañeiros de clase percorren o Camiño de Santiago en 16 días, dende Somport ata a Catedral de Santiago. Nada máis comezar a ruta o guía alertaos de que un enorme perigo rodea a cidade de Santiago de Compostela. Que estará a acontecer?

O PINTOR DOS SOMBREIROS MALVAS



Esta obra de Marcos Calveiro, premio LAZARILLO 2009, ven a ser unha homenaxe ao pintor VAN GOGH.
O protagonista é enviado pola súa nai a pasar unha tempada en París a casa dunha tía e alí vai coñecer a Vincent, un pintor do que non se vai separar durante a súa estancia en Auvers.

A BIBLIOTECA XA ABREU AS SÚAS PORTAS


BENVIDOS/AS A TODOS/AS